As asociacións empresariais e de autónomos adscritas á entidade presidida por José Ramón Caldas poderán beneficiarse dos Servizos de Compliance da empresa galega Keep Compliance S.L., como os de asesoramento xurídico e financieiro
Este programa correspondente á Consellería de Economía e Industria, dirixida por Francisco Conde, conta cun orzamento inicial de 10 millóns de euros que se repartirán en bonos desconto de 30 euros, dos que se poderán beneficiar máis de 330.000 clientes, co que se movilizarían uns 55 millóns de euros en vendas.
Logo de comunicar os cambios de concellos nos niveis de restrición, o comité clínico de expertos sanitarios que seguen a evolución da pandemia decidiu unha apertura “progresiva, puntual e proporcional”, tendo a prudencia como máxima.
A partir de mañá, 15 de abril, os comercios xa poderán rexistrarse ao programa BONOS ACTIVA COMERCIO, a través da web www.bonosactivacomercio.gal da Xunta de Galicia.
Os bonos estarán dispoñibles na mesma web para a súa descarga polos usuarios a partir do 3 de maio e terán una validez de tres meses.
Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de 30 euros para as compras nos comercios adheridos. O importe do bono irase reducindo, ata o seu esgotamento, en función do valor da compra de acordo cos seguintes criterios:
– Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.
– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 50 €.
José Ramón Caldas, presidente de APE Galicia, trasladou a principios deste ano ás organizacións nacionais representativas do sector que están a negociar coa Seguridade Social, o apoio da entidade a esta reforma, que está previsto entre en vigor no ano 2022
Hoxe saiu publicada no DOG a convocatoria para a solicitude de renovación ou nova formalización de créditos, débedas e garantías, co IGAPE co obxectivo de seguir facilitando liquidez aos colectivos empresariais máis afectados pola actual situación económica mentres recuperan a súa actividade.