APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

PROGRAMA MENTORING TRABALLO AUTONOMO 2023

Ponse en marcha o Programa MENTORING AUTÓNOMO 2023 para impulsar o emprendemento promovido pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade en cooperación coa Fundación Ronsel e ten como obxectivo contribuír á sustentabilidade social empresarial e á mellora da competitividade das persoas traballadoras autónomas de Galicia.

O prazo de inscripción no programa atópase aberto ata o 30 de Xuño ou ata rematar as 200 prazas dispoñibles.

Busca apoiar de xeito personalizada a 200 persoas traballadoras autónomas para reducir os riscos na súa actividade profesional, acompañalas na adaptación ou transformación dos seus negocios ás necesidades de mercado e á situación actual, e contribuír, mediante melloras nas áreas de xestión e outras, ao incremento dos seus contactos profesionais e da súa actividade económica, así como das condicións de traballo asociadas para acadar un maior benestar laboral.

TR790A- PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE

Nova convocatoria do programa NOVA OPORTUNIDADE polo que persoas traballadoras autónomas poderán volver a emprender e beneficiarse destas axudas de 10.000€ na posta en marcha do seu novo negocio