APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

REFORMA FISCAL DO COLECTIVO AUTÓNOMO

Facenda pacta cos axentes sociais a reforma fiscal do colectivo autónomo que inclúe medidas como a eliminación do IVE para os negocios máis pequenos, a supresión do sistema de módulos e a configuración dun sistema para que os autónomos poidan deducir gastos recorrentes sen necesidade de xustificación.

TODAVÍA QUEDA CRÉDITO PARA O BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS

Este conxunto de axudas ten por obxeto o financiamento de investimentos das persoas autónomas en Galicia, cunha subvención do 80% da actividade e un límite máximo de 3.000,00 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables como poden ser: aplicacións informáticas, páxinas web, aplicacións e redes sociais, compra de maquinaria ou equipos informáticos e reforma do local de negocio, entre outros.

BONOS TALENTO EMPRESA - TR302D

A partir de mañá día 21 de xullo e ata o 29 de setembro, poderanse solicitar os Bonos Talento Empresa, destinados a formación non formal mediante proxectos formativos de curta duración para mellorar as capacidades das empresas e contribuir ao desenvolvemento profesional.
Estos proxectos formativos non deberán de ser máis de tres e terán unha duración de entre 16 e 100 horas totais.

VACACIÓNS FISCAIS PARA AUTÓNOMOS. QUÉ SON E CÓMO SE SOLICITAN?

Sabías que os autónomos teñen dereito a coller un mes de vacacións fiscais ao ano? Facenda permite aos traballadores por conta propia e empresarios escoller 30 días nos que non recibirán ningunha notificación electrónica da Axencia Tributaria.
Aínda que sexa verán, Facenda tamén pode enviar notificacións aos autónomos e obrígalles igualmente a contestar en prazo, baixo risco de sanción. Os ‘”días de cortesía” permiten aos autónomos desconectar durante as súas vacacións sen ter que estar pendentes destas cartas, avisos ou requirimentos.

AXUDAS EMPRENDEMENTO PLUS PARA AUTÓNOMOS E PEMES

Mañá día 18 de xullo, e ata o 17 de agosto, estará aberto o prazo de solicitude das novas axudas ao emprendemento para autónomos e pequenas e medianas empresas que na data de presentación de solicitude teñan menos de 42 meses de antigüedade.
Esta axuda conta con dous tipos de programas totalmente compatibles entre sí, un para axudar co investimento e o outro para fomentar a contratación de persoas desempregadas.