APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

A Xunta pon en marcha un programa pioneiro en Galicia para formar a 1200 autónomos en comercio electrónico e novas canles online

- A iniciativa Autónomos dixitais forma parte das medidas que se están deseñando dentro do Plan de reactivación económica.

- Inclúe dúas accións formativas en liña: Fundamentos para a creación dun proxecto de comercio electrónico e Especialista en e-commerce.

- O prazo de matrícula está aberto ata o 22 de xullo e o inicio do primeiro grupo está previsto o 21 de maio.

A Xunta flexibiliza as obras no interior de edificios e os desprazamentos a hortas de autoconsumo

A Administración autonómica prepara a reapertura nos servizos de rexistro e atención á cidadanía, que retomarán a súa actividade cun sistema de cita previa

Outra das medidas acordadas no seo do Cecop foi a de clarificar o permiso para a recollida da comida preparada en restaurantes, que está autorizada

Poderán realizarse, sempre adoptando as medidas de prevención e protección da saúde, traballos e obras puntuais que teñan como obxectivo realizar reparacións urxentes tanto en espazos ou elementos comúns en edificios con residentes

Acordouse estender ao mes de maio o pago da mensualidade do alugueiro aos beneficiarios do Bono alugueiro social, polo que a Xunta cubrirá ao 100 % o custe do alugueiro da vivenda de 700 familias pertencentes a colectivos desfavorecidos

Foi aprobado a posta en marcha da elaboración dun Plan de Seguridade Hixiénico-Sanitaria para establecementos turísticos, así como certificacións de calidade e seguridade sanitaria