Tras analizar a evolución epidemiolóxica nos últimos días, o comité clínico encargado de facer o seguimento da evolución da covid-19 en Galicia, acordou unha serie de medidas que afectan a varios concellos galegos e o Plan previsto para estos días de Nadal.
A Xunta de Galicia destaca a obrigatoriedade de cumprir todas las medidas establecidas, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica e así poder ir diminuindo as restricións vixentes, polo que insite en que se eviten todos os desprazamentos posibles.
Sanidade lembra a obrigatoriedade de cumprir todas as medidas establecidas pola Xunta de Galicia, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica na comunidade e así poder ir diminuíndo as restricións vixentes
Tanto o director do Igape, Fernando Guldrís, como os directores xerais de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, que participaron nunha webinar informativa, afirmaron que coas últimas liñas de axudas aprobadas pola Xunta de Galicia preténdese apoiar e facilitar ás persoas autónomas, microempresas e pemes levar a cabo a súa actividade para poder manter os seus negocios
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asegurou na inauguración do III Encontro das emprendedoras do programa Emega co que se impulsa o emprendemento feminino, que a Xunta reforzará en 2021 estas axudas aumentando máis do dobre o seu orzamento ata máis de 3,6 millóns de euros para seguir creando novas oportunidades xa que é unha prioridade avanzar na igualdade de oportunidades
O vindeiro mércores 16 de decembro, ás 17 h, terá lugar un encontro dixital dirixido a autónomos e pemes no que se ofrecerá información das axudas activadas pola Xunta para impulsar a reactivación dos sectores e colectivos especialmente afectados pola covid-19.
Na xornada participarán a directora xeral de Emprego, Covadonga Toca, e o director do Igape, Fernando Guldrís.
O pasado sábado12 de decembro ás 00:00 horas entraba en vigor a revisión que a Consellería de Sanidade fixo das medidas restritivas que se poden relaxar grazas a baixada de casos activos do coronavirus e a estabilización da presión asistencial.
Na actualidade, a situación en Galicia é a seguinte: