APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

A XUNTA DE GALICIA QUERE ACTIVAR O SEGUNDO PLAN DE RESCATE A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS, MICROEMPRESAS E HOSTALARÍA NESTE MES DE FEBREIRO

Tanto o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, lamentaron que tanto deputacións como concellos non se adhieran a este novo Plan da Xunta de Galicia para poder así chegar ao maior número de persoas destes sectores que peor o están a pasar pola crise do Covid-19

APE GALICIA RECLAMA MÁXIMA CELERIDADE PARA O SEGUNDO PLAN DE RESCATE E RESPONSABILIDADE A DEPUTACIÓNS E CONCELLOS PARA PERMITIR Á XUNTA DE GALICIA XESTIONAR OS FONDOS DO SEGUNDO PLAN DE RESCATE

Tal e como expresou o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas: “A situación das 200.000 persoas traballadoras autónomas en Galicia é totalmente crítica, están ao límite das súas posibilidades, polo que o que precisan son respostas inmediatas e eficaces e non confrontacións que non levan a ningunha parte e non achegan nada positivo, máis nada que incerteza e máis atrasos en accións que son necesarias agora máis que nunca. É momento de traballar xuntos”.

AMPLIADO O ORZAMENTO DO SEGUNDO PLAN DE RESCATE PARA PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS, MICROEMPRESAS E HOSTALARÍA ATA OS 75 MILLÓNS DE EUROS

Máis de 150 millóns de euros será o que en total terá aportado ata agora a Xunta de Galicia para axudar a estes sectores, segundo o anunciou onte o seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, durante a súa comparecencia na Cámara galega para informar da evolución da pandemia e das medidas tomadas para afrontala

NOVA REUNIÓN DA MESA DO EMPREGO AUTÓNOMO PARA SEGUIR TRABALLANDO NO SEGUNDO PLAN DE RESCATE A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS, MICROEMPRESAS E HOSTALERÍA

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, corraborou ante as tres asociacións de autónomos que forman parte da Mesa, Ape Galicia, Agtamar e ATA Galicia; a información que onte adiantou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, en relación ao segundo Plan de Rescate a Persoas Traballadoras Autónomas, Microempresas e hostalería que contará con polo menos 50 millóns de euros de orzamento por parte da Xunta de Galicia

A XUNTA DE GALICIA DESTINARÁ UN MÍNIMO DE 50 MILLÓNS DE EUROS AO SEGUNDO PLAN DE RESCATE A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS, MICROEMPRESAS E HOSTALERÍA

Así o anunciou hoxe o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, na súa comparecencia tras o Consello da Xunta, onde tamén pediu a colaboración de deputacións e concellos para poder responder ás solicitudes do sector tendo en conta, sobre todo, a crítica situación que se está a vivir coa evolución da pandemia que suporá novas medidas restritivas