APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NIVEL BÁSICO

Sae publicado o 24 de agosto a resolución pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Programa de Oportunidades de Negocio das Cooperativas e da Economía Social

O programa de Oportunidades de Negocio das Cooperativas e da Economía Social está destinado a todas aquelas persoas que queiran saber máis sobre a organización empresarial das cooperativas: desempregados, traballadores por conta propia ou allea, empresarios, estudantes...
Este enfoca os seus contidos na normativa e funcionamento das cooperativas, as axudas e subvencións e na elaboración dun plan de empresa. Así mesmo tamén entra dentro do programa visitas a cooperativas para ver o seu funcionamento in situ.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboraicón impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

ESTE ANO, DENTRO DAS AXUDAS DESTINADAS A ACCIÓNS DE FOMENTO DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS CONTEMPLASE UNHA LIÑA PARA ADAPTACIÓN , SUBSTITUCIÓN OU ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTOS DE TRABALLO PARA A PREVENCIÓN.

O Diario Oficial de Galicia publica o día 3 de xullo a ORDE na que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a acción formativas de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na comunicade Autónoma de Galicia no exercicio de 2018. Este ano faino engadindo unha nova liña: Investimentos destinados a accións de mellora na adaptación, substitución ou adquisición de equipamentos de traballo e adaptacións de postos de traballo.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O FOMENTO E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO A TRAVÉS DO PROGRAMA I PARA AS EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN E DO PROGRAMA II AS EMPRESAS CUALIFICADAS COMO INICIATIVAS LOCAIS DE EMRPEGO DE BASE TECNOLÓXICA

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación, e do Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.