APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

XORNADAS DE PRL DURANTE O MES DE OUTUBRO

Durante o mes de outubro, APE Galicia continúa realizando as XORNADAS DE PRL dirixidas a sectores como ALIMENTACIÓN, HOSTALERÍA, PEQUENO COMERCIO ou CONSTRUCIÓN.
O obxectivo principal destas xornadas é o de concienciar do importante que é que os autónomos adopten unha cultura preventiva no mundo laboral, e que estas medidas non se tomen unicamente como unha obrigación, senón como unha mellora para o seu benestar laboral, económico e persoal.
Están dirixidas principalmente ao colectivo autónomo, ao que APE Galicia representa, pero poden asistir calquera persoa que estea interesada nas mesmas.
Para máis información poden enviar un correo a info@apegalicia.es ou ben chamar ao 986 891 657 onde se lles dará toda a información que necesiten.
Os lugares elixidos para as xornadas son: Pontevedra ( Ape Galicia), Lugo ( AELU), Porto do Son, Marín ( Estrela de Marín), Santiago de Compostela ( CCA Monumental), Viveiro ( CCH VIVEIRO), Ferrol ( AEF), Palas de Rei, Ourense, Carballiño e Porto do Son.

INFÓRMATE NO 986 891 657 ou envíanos un correo a info@apegalicia.es

PROGRAMA EMEGA (PROCED. SI429A)

No DOG de hoxe publicouse a resolución do 24 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2019 (DOG nº 127 do 5 de xullo de 2019).

BONO AUTÓNOMOS

¡Como xa viñamos adiantando nas nosas redes sociais, acaba de saír o tan ansiado bono para os autónomos!

No DOG de hoxe publícase a orde do 19 de xuño de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras do programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 124 do 2 de xullo de 2019, procedemento TR341Q).

Será un procedemento de concorrencia non competitiva e consistirá nun pagamento anticipado dunha subvención dun 80% da actividade por subvencionar, cun límite máximo de 3000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria. O fin é a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional. O prazo de solicitude comeza mañá e estará aberto ata o 2 de agosto.

SUBVENCIÓNS AUTOEMPREGO PERSOAS EMIGRANTES RETORNADAS

No DOG de hoxe publícase a Resolución do 11 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 113 do 17 de xuño de 2019).

VISITA DIDÁCTICA A ZFV

O pasado venres, 24 de maio, os alumnos do curso de AFD “Márketing e comercio internacional” que actualmente imparte APE Galicia foron de visita didáctica ó Consorcio da Zona Franca de Vigo.