A XUNTA AMPLÍA O BONO DE FORMACIÓN PARA AUTÓNOMOS E AUMENTA AS LIÑAS DE AXUDAS AO SECTOR PARA 2020
-No primeiro trimestre do ano convocaranse todas as distintas axudas para autónomos.
-Aparecen axudas novidosas como o mentoring para 200 autónomos
A Xunta convida a aproveitar a Oficina Virtual do Autónomo que mostra todos os recursos e axudas dispoñibles ( www.oficinadoautonomo.gal )
Coincidindo co remate do Taller DIXITALÍZATE, o último programado para este ano, a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, acudiu a sede de APE Galicia á entrega dos diplomas aos participantes nos distintos talleres que inclúe este programa formativo, felicitando a todos os asistentes por ter a iniciativa de formarse, e destacando a importancia destes talleres que non sendo imprescindibles, son necesarios para seguir crecendo profesionalmente ou emprender un proxecto como traballador autónomo.
Co obxectivo de impulsar a innovación e a formación do colectivo autónomo e empresas do Concello de Pontevedra, ademais de mellorar a súa competitividade, 32 alumnos asistiron aos diferentes talleres incluídos neste programa que APE Galicia desenvolve, a iniciativa dá Concellería de Promoción Económica deste concello.
Desde esta organización expresamos a nosa oposición á decisión do Goberno central de autorizar a subida das peaxes e esperamos poder reverter esta situación, que sabemos é inasumible polo colectivo autónomo.
Coa subida programada a AP-9 converterase na segunda autoestrada máis cara de España. Por esta razón, APE Galicia sumouse á plataforma contra a subida das tarifas da AP-9 xunto co resto de organizacións. O colectivo autónomo ao que representa APE Galicia manifesta a súa indignación ante a próxima subida de case o 3% do prezo na peaxe en Galicia. Non é xusto pagar por un tipo de infraestruturas que en moitos casos é a única alternativa, e que afectará sobre todo á competitividade de autónomos e pemes galegas.
Onte terminou o taller "FACILITA 2.0 RGPD” onde os asistestentes aprenderon a utilizar FACILITA RGPD 2.0, ferramenta de axuda á implantación do novo Regulamento Xeral de Protección de Datos destinada a aquelas empresas que realizan tratamentos de datos persoais que, a priori, implicarían escaso nivel de risco para os dereitos e liberdades das persoas cuxos datos tratan. O programa FACILITA 2.0, permite xunto coa creación dunhas sinxelas fichas de toma de datos, o manexo dos novos requisitos que marca o Regulamento de Protección de datos de carácter persoal.
O luns 2 de decembro comezamos co taller " DIXITALÍZATE" onde aprenderemos como usar as nosas RRSS (Facebook, Instagram e Whatsapp) e outras ferramentas creativas de utilidade para que o teu negocio funcione con éxito no mundo dixital.
APE Galicia e a Concellería de Promoción Económica del Concello de Pontevedra poñen en marcha este taller con el obxectivo de facilitarche as ferramentas necesarias e os coñecementos básicos que como responsable dunha pequena o mediana empresa o emprendedor, necesitas para que o teu negocio funcione con éxito nel mundo dixital.
Preto del 70% dos consumidores utilizan os perfís en Redes Sociais dunha empresa para obter información sobre os seus servizos, e es por iso que na actualidade, a transformación dixital, independentemente del tamaño da empresa, xa no es unha opción, es a garantía da súa supervivencia.
O uso das redes sociais de forma adecuada fará que a túa estratexia dixital sexa moito máis efectiva e nós queremos ensinarche como facelo. Pode terse un negocio espectacular pero non saber mostralo na internet, para iso imos tratar os pasos a seguir e todo o que necesitas saber para que o teu negocio funcione con éxito no mundo dixital.
Curso dirixido a traballadores autónomos ou empregados e emprendedores que queiran poñer en macha ou mellorar o funcionamento das RRSS dos seus negocios para obter resultados de éxito no mundo dixital..
Se estás interesado/a podes contactar connosco no teléfono 986 891 657 ou enviándonos un correo cos teus datos a info@apegalicia.es
Sabes como atraer clientes?
Aproveitas todas as oportunidades que che permiten captar e fidelizar clientes.?
O cliente, sempre ten a razón?
Sacas partido das queixas dos teus clientes?
Queres coñecer estratexias para aumentar as túas vendas?
Unha das vantaxes que poden ofrecer os pequenos comercios e negocios, a diferenza das grandes multinacionais ou o comercio online, é a atención personalizada, ademais dunha atención ao cliente específica e de calidade, pero son moitas as ocasións nas que non se lle dá a suficiente importancia, ou non se é capaz de explotala ao máximo., por isto o vindeiro luns, 26 de novembro, ás 20:30 dará comezo o Taller de "ATENCIÓN AO CLIENTE E CALIDADE DO SERVIZO", onde poderás adquirir habilidades, recursos e técnicas para mellorar a relación e ou trato co teu cliente e para poder satisfacer as súas expectativas, mellorando a calidade do servizo que prestas da man de Miguel A. Souto, experto Consultor e Docente en áreas coma Marketing, Comercial, Dixitalización, Estratexia, Emprendeduría, Liderazgo, e Habilidades directivas.
Convidámosche a que participes neste curso gratuíto que organiza APE Galicia, financiado pola Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra. Se queres inscribirche ou necesitas máis información podes contactar connosco no 697 195 540.