Na tarde de onte APE Galicia, celebrou na súa sede principal a súa Asemblea Xeral Ordinaria.
No salón de actos déronse cita moitos dos presidentes e presidentas, xerentes e representantes das asociacións vinculadas a esta entidade procedentes de diferentes partes da comunidade galega, e que deron por aprobados todos os puntos da orde do día.
No transcurso da sesión aprobáronse as contas de 2019 e fíxose unha previsión do orzamento do presente exercicio. Ademais, analizáronse as iniciativas que a entidade ten en marcha, entre elas os "Encontros APE Galicia" que levarán a Ferrol, Lugo e Ourense e o XI Congreso das Persoas Traballadoras Autónomas que se celebra o vindeiro sábado 7 de marzo.
O presidente, José Ramón Caldas, informou os asistentes que APE Galicia, segue crecendo e sumando membros, e que a día de hoxe representa a 60.754 traballadores e traballadoras autónomos.
Tras a súa intervención, deuse paso ao relatorio programado dentro da orde do día. Juán Lirón Lago, Subdirector Xeral de Emprego, presentou as distintas lineas de apoio que a Xunta de Galicia está a poñer ao dispor do colectivo autónomo e que deu por finalizada para recibir a visita de Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria.
O conselleiro, que chegou acompañado do Director Xeral de Orientación e Promoción Labora, Pablo Casal, mantivo un encontro coa Xunta Directiva desta entidade e o resto de asistentes.
Durante a súa intervención, sinalou que "o asociacionismo é clave para colaborar coa Administración no impulso do colectivo autónomo, e canalizar as súas inquietudes e demandas", e tivo a oportunidade de escoitar as propostas dos asistentes. Ademais apuntou que "o labor da Administración non é só apoiar aos autónomos e autónomas para que poidan emprender e consolidar os seus negocios, senón tamén facilitar a conciliación, as novas oportunidades ou a transmisión xeracional, tal e como recolle a Estratexia Autónomo 2020".
Desde APE Galicia, agradecemos a colaboración da nosa Xunta Directiva, ademais da asistencia de todos os membros e representantes das distintas asociacións vinculadas, e a dispoñibilidade que sempre ten coa nosa entidade a Xunta de Galicia.
O vindeiro mércores, 4 de marzo, de 09.45 a 13.00 horas, APE Galicia retoma o proxecto comezado a finais do pasado ano: Encontros APE Galicia.
Nesta ocasión estaremos en Ferrol (SERCOTEL HOTEL ODEÓN - Rúa Cataluña, 20, 15570 Ferrol - A Coruña) onde organizaremos un almorzo de traballo co obxectivo de informar aos asistentes da situación real do colectivo autónomo en Galicia, e as liñas de apoio que existen para a súa promoción e consolidación.
Trataremos diferentes aspectos moi interesentas para o colectivo autónomo ou de emprendedores, coma as características máis relevantes da cotización ao réxime de autónomos: en que consiste a cotización, que dereitos e prestacións conleva, continxencias cubertas, cambios de bases de cotización, idades límite para cambiar de base, pluriactividad, autónomo, bonificacións á cotización, recursos e liñas de apoio da Xunta de Galicia.
Para asistir a este encontro, é necesario inscribirse, posto que o aforo é limitado. Podes facelo no teléfono 986 891 657 ou ben enviando un email a info@apegalicia.es
Este venres, 28 de febreiro ás 09:30 horas no espazo La Molinera as persoas traballadoras autónomas de Ourense teñen unha cita no "Venres Autónomo".
Con esta iniciativa a Xunta de Galicia pretende darlle voz a un colectivo prioritario para o Goberno galego, organizando este encontro onde compartir experiencias, resolver dúbidas, aprender distintas ferramentas de traballo e descubrir novas fórmulas que faciliten o desenvolvemento dos vosos proxectos.
A inscrición é gratuíta e o aforo limitado, e desde APE Galicia queremos convidarvos a participa.
Podedes inscribirvos no seguinte enlace: http://oficinadoautonomo.gal/gl/content/formulario-venres-autonomos-ourense-280220
A Xunta de Galicia abre mañá o prazo de solicitude para as catro liñas do programa Galicia Emprega, tras a publicación hoxe das convocatorias no Diario Oficial de Galicia (DOG). O obxectivo deste programa é favorecer a formación e a contratación de mulleres, parados de longa duración, novas, e persoas discapacitadas ou en risco de exclusión, e impulsar o traballo nos colectivos con máis dificultades para atopar un emprego.
O orzamento do programa Galicia Emprega é de 10,5 millóns de euros (un 12% máis que na convocatoria de 2019)
Inclúe catro liñas de axudas
Emprega Muller, Emprega Persoas con Discapacidade ou en Risco de Exclusión Social, Emprega Parados de Longa Duración e Emprega Mocidade. Impúlsase, deste xeito, a contratación dual en catro dos colectivos prioritarios da Xunta de Galicia á hora de acceder ao mercado laboral.
Por unha banda, apóiase cun bono formación aos traballadores e traballadoras para que poidan responder as necesidades formativas do tecido empresarial e, por outra, ofrécense incentivos á contratación ás empresas impulsando a contratación indefinida ou inicial cunha duración mínima de 12 meses a xornada completa.
Con respecto ao bono formación, nos catro programas incentívase con 2000 euros a cualificación dos traballadores que son contratados de maneira inicial por 12 meses para que reciban unha formación mínima de 50 horas. Se o contrato é indefinido, o bono increméntase ata os 4000 euros e a formación mínima terá que conseguir as 70 horas.
En canto aos incentivos á contratación, as contías varían segundo o programa e poden alcanzar os 16.000 euros. Ademais, aumentan nun 25%, segundo a liña, para aquelas empresas de máis de 50 traballadores e traballadoras pertencentes a sectores estratéxicos que teñan unha taxa de estabilidade nos seus cadros de persoal do 70%; no caso de que o centro de traballo estea situado nun concello rural; ou se as persoas incorporadas son mulleres; maiores de 45 anos; ou emigrantes retornados.
Comezamos este 2020 co Taller de "Inglés: Atención ao cliente" que organiza APE Galicia e a Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra.
Este Taller é válido para gran número de sectores de actividade, e o seu principal obxectivo é preparar ao alumno para establecer con fluidez unha relación comercial co cliente, utilizar fórmulas de cortesía habituais na atención ao cliente ou xestión de reclamacións e queixas,tanto a nivel escrito como oral. O nivel básico ten como finalidade capacitar ao alumnado para usar o idioma de maneira suficiente, receptiva e productivamente, tanto na forma falada como escrita, así como mediar entre falantes, en situacións cotiás e de inmediata necesidade.
Como xa adiantabamos onte, hoxe en Santiago de Compostela, estivemos falando do traballo autónomo non noso 2º Encontro: "Claves para impulsar ou emprego autónomo en Galicia”, organizado por APE Galicia e Asociación de Comerciantes y Empresarios CCA Compostela Monumental en colaboración coa Xunta de Galicia.
Inauguraba esta xornada, Pablo Casal, Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia, acompañado polo Presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, e o xerente de CCA Compostela Monumental, José Ángel Blanco, e asistiron preto de 50 autónomos e autónomos interesados en coñecer a realidade do colectivo e os apoios que a Xunta de Galicia destina ao colectivo.