Esta convocatoria de subvencións vai dirixida aos centros especiais de emprego, co fin de garantir a empregabilidade de persoas con discapacidade. Para iso, establécense tres programas de axudas: o primeiro é para o apoio á actividade profesional e ten unha contía base de 1.000 euros por cada persoa traballadora, o segundo busca a creación de postos de traballo estables e a contía base é de 10.000 euros por cada posto de traballo creado; o último, vai destinado ao mantemento do custo salarial. no que se subvencionará o 50% do salario mínimo interprofesional.
A partir de mañá 9 de setembro, e ata o día 9 do vindeiro mes, estará aberto o prazo de solicitude á concesión de subvencións para a execución de actuacións de comercio sostible e circular. Esta subvención será para comerciantes retalistas, asociacións de comerciantes e, obradoiros artesáns, chegando a ser subvencionable ata o 80% do custo destas accións.
Moitos autónomos cometen o erro de pensar que o IVE é seu, pero non é certo.
Os autónomos somos meros recadadores, pois nós pagámolo aos nosos provedores e os nosos clientes págannolo a nós para que llo entreguemos á Axencia Tributaria. Entender isto é fundamental para levar unha boa contabilidade. Por iso, hoxe contámosche todo o que necesitas saber sobre o IVE: como funciona este imposto, como calculalo, os tipos de IVE que existen e, como e
O presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, xunto ca secretaria xeral, Sonia Acuña, foron convocados onte á reunión da Mesa de Emprego Autónomo que presidiu a Conselleira Elena Rivo. Alí abordaron a temática pertinente á Axenda Impulso ao Emprego Autónomo 2023-2026 que contará cun presuposto de mais de 200 millóns de euros co fin de seguir mellorando e loitando polos intereses e condicións do colectivo autónomo.
O venres día 1 de setembro inauguramos a nosas xornadas de formación en materia de prevención e riscos laborais aprendendo un pouco máis sobre a importancia dos riscos e factores psicosociais que poden afectarnos, e os tipos de acoso que poden xurdir no ambiente de traballo: o acoso laboral, o acoso sexual e o acoso por razón de sexo.
A finalidade deste programa é mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas en Galicia a través da formalización de contratos de formación para a obtención da práctica profesional ou de contratos de formación en alternancia, que lles faciliten a inserción laboral, dotándoas, á vez, de competencias para o emprego, que as acompañen durante a súa vida laboral, coa finalidade última de promover a súa empregabilidade, e a retención do talento novo na nosa Comunidade Autónoma.