A nosa sede principal situada en Pontevedra, acolleu o sábado 9 de abril a II Asemblea de Empresas Veterinarias de Galicia, colaborando con CEVE Galicia, entidade organizadora, e cumprindo así cun dos obxectivos que se inclúe no acordo de colaboración que ambas as partes asinaron a principios do ano 2021.
Para CEVE Galicia, esa é a segunda edición destas xornadas, nas que o sector analiza a súa situación actual e os principais puntos da axenda deste ano, a través da intervención de profesionais da veterinaria.
"Ser proactiva e adaptarse; non temer o fracaso e ter confianza, claves para afianzarse con éxito no emprendemento en igualdade"
Ao redor de 40 anos anos, con formación universitaria e residencia no medio urbano, con nula participación en redes e escasa formación en emprendemento. Este é o perfil das mulleres que tras a pandemia optan polo traballo autónomo como saída laboral e ás que a comunicadora Carla Reyes Uschinsky facilitou claves para avanzar con solvencia na senda do emprendemento en igualdade. Fíxoo no marco das Xornadas organizadas por APE Galicia na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Estas xornadas, que contaron en total coa asistencia de ao redor dun centenar de mulleres e non máis dunha vintena de homes, pertencentes a diferentes sectores, e que serviron para para intercambiar experiencias e atopar respostas para afrontar os retos que supón este complexo modelo de traballo, foron organizadas na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, sendo un dos obxectivos a promoción do traballo autónomo e a visibilización da contribución das mulleres traballadoras autónomas ao tecido empresarial galego.
Ademais, esta iniciativa de APE Galicia e a Xunta de Galicia, serviu para potenciar a formación e a información en material de igualdade de xénero e dar a coñecer as medidas, programas e actuacións que a Xunta ofrece e desenvolve en canto a emprego e igualdade.
O emprendemento encerra medos e comportamentos de xénero que se analizarán nunhas xornadas nas que xa é posible inscribirse a través de www.apegalicia.gal
APE Galicia realizará nas próximas semanas un total de catro xornadas formativas, unha por provincia, para analizar e dar solución a algúns dos problemas que se atopa a muller á hora de acceder ao traballo autónomo. Estas xornadas, organizadas en colaboración coa Xunta de Galicia, buscan avanzar no terreo da igualdade de oportunidades no mercado laboral desde a perspectiva das autónomas.
Cun formato dinámico e participativo estas xornadas terán un carácter práctico no que as asistentes poderán formular preguntas e cuestións aplicables ao desenvolvemento da súa actividade como emprendedoras, que serán resoltas polas relatoras, que variarán en función do lugar no que se desenvolva a xornada e que terán a Carla Reyes Uschinsky como condutora común. Acudirán tamén Covadonga Toca, directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social e Belén Liste, subdirectora xeral de Emprego, que darán a coñecer os programas específicos da Xunta para incentivas o emprego e a igualdade.
Estas xornadas inspiradoras serán presenciais e a inscrición para acudir está xa aberta a través de www.apegalicia.gal.
⏯️APE, junto con las otras dos asociaciones que forman de la Mesa del Empleo Autónomo de Galicia, remitió una carta a la ministra de Economía, Nadia Calviño, para pedir flexibilidad y simplificación en la tramitación del Fondo Estatal de Apoyo a la Solvencia Empresarial.
⏯️Galicia recibió del Estado 230 millones de euros de los que 70 están bloqueados, y deberán devolverse, debido a la excesiva burocracia, que impide a las pequeñas empresas beneficiarse de estas ayudas.
⏯️Queremos que se reasigne esa partida a Galicia y se ponga en marcha un nuevo plan de rescate.
⏯️Creemos que es un sinsentido devolver 70 millones de euros cuando miles de personas trabajadoras autónomas afrontan serias dificultades económicas.
El webinar que lleva por título, La REFORMA LABORAL: ¿cómo afecta a los autónomos? tratará de analizar y reflexionar sobre la reciente Reforma Laboral aprobada y publicada a finales de diciembre del pasado año, con la intervención de Elena Mancha, Directora General de Relaciones Laborales da Consellería de Emprego e Igualdade de la Xunta de Galicia y conoceremos la visión de la Inspección de Trabajo, y todo el régimen sancionador que modifica el RDL 32/2021, de 28/diciembre de la mano de José Mª Casas de Ron, Jefe Provincial de la Inspección de Trabajo y Seguridad Social de Pontevedra
Tras sus intervenciones, daremos paso a responder a las preguntas enviadas por los/ las participantes.
A Xunta convoca unha nova edición do programa Galicia Emprega, co que apoiará a contratación dunhas 1.350 persoas pertencentes a colectivos prioritarios -mulleres, novas, persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social e paradas e parados de longa duración- para impulsar a súa ocupación e mellorar a súa formación para o traballo. O programa tamén inclúe axudas para a formación e a contratación duns 20 traballadores e traballadoras como persoal de apoio ás persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. A este programa poden acollerse as e os galegos retornados que cumpran as condicións requiridas.