APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Requisitos para poder desgr...

REQUISITOS PARA PODER DESGRAVAR OS GASTOS NO IRPF


Dende APE Galicia queremos que coñezades as carácterísticas e os requisitos que deben cumprir os gastos afectados a actividade para que sexan deducibles a hora de declarar o IRPF durante o exercicio 2015 para todos os autónomos que tributen por estimación directa.

Requisitos para que un gasto sexa deducible

Os criterios que Facenda establece para considerar que un desembolso económico pode ser considerado como gasto deducible son:
- Deben ser gastos vinculados á actividade económica realizada polo autónomo. Cando se trate de gastos vinculados tanto a actividade profesional como á persoal, deberase de determinar a porcentaxe do gasto que se pode afectar á actividade do traballador autónomo.
- Deben atoparse convenientemente xustificados mediante as correspondentes facturas.Os tíkets e facturas simplicadas non serán deducibles xa que non permiten identificar a persoa que realiza o gasto, polo tanto recomendamos que solicitedes a factura cos datos completos do autónomo.
- Deben estar rexistrados contablemente polo autónomo nos seus correspondentes libros de gastos e inversións.

                               
Relación de gastos deducibles no IRPF

A continuación relacionamos os gastos que consideramos máis habituáis que debe considerar o autónomo a hora da declaración do imposto:

- Consumos de explotación: compras de mercaderías, materias primas e auxiliares, combustibles, elementos e conxuntos incorporables, envases, embalaxes e material de oficina. O consumo do exercicio calcúlase de acordo á seguinte fórmula: Consumos = existencias iniciais  + compras  - existencias finais.

- Soldos e salarios: pagos aos traballadores en concepto de soldos, pagas extraordinarias, dietas e asignacións para gastos de viaxes, retribucións en especie, premios e indemnizacións.

- Seguridade social a cargo da empresa: cotizacións derivadas da contratación de traballadores máis as correspondentes ao empresario autónomo. Polo que se refire ás achegas a mutualidades de previsión social, coa reforma fiscal, a partir de xaneiro de 2015 é deducible o 50% da achega por continxencias comúns. 

-Outros gastos de persoal: inclúe gastos de formación, indemnizacións por rescisión de contrato, seguros de accidentes do persoal, obsequios  e contribucións a plans de pensións ou a plans de previsión social empresarial.
- Arrendamentos e canons: alugueres, canons, asistencia técnica, cotas de arrendamento financeiro (leasing) que non teña por obxecto terreos, solares ou outros activos non amortizables.

- Reparacións e conservación: gastos de mantemento, repostos e adaptación de bens materiais. Non se inclúen os que supoñan unha ampliación ou mellora, xa que se consideran investimentos amortizables en varios anos.

- Servizos de profesionais independentes: honorarios de economistas, avogados, auditores, notarios así como as comisións de axentes comerciais ou mediadores independentes.

- Outros servizos exteriores: gastos en investigación e desenvolvemento, transportes, primas de seguros, servizos bancarios, publicidade, relacións públicas, subministracións de electricidade, auga e telefonía e outros gastos de oficina non incluídos nos conceptos anteriores.

- Tributos fiscalmente deducibles: o imposto de bens inmobles (IBI), o imposto de actividades económicas (IAE) e outros tributos e recargas non estatais e taxas, recargas e contribucións estatais. Non serán deducibles nin as sancións nin as recargas de prema ou por presentar fóra de prazo as declaracións de Facenda.

IVE soportado: só será deducible cando non sexa desgravable a través da declaración de IVE, é dicir, que non presenten declaracións trimestrais de IVE e por tanto non teñan dereito a deducirse as cotas soportadas. O que ocorre en actividades exentas de IVE e en actividades acollidas a algúns réximes especiais.

- Gastos financeiros: intereses de préstamos e créditos, gastos de desconto de efectos, recargas por adiamento de pago de débedas, intereses de demora de adiamentos dos pagos a Facenda. 

- Amortizacións: importe da deterioración ou depreciación dos investimentos contemplados como inmobilizado material ou intanxible afecto á actividade. O seu cálculo realizarase conforme ao estipulado no imposto de sociedades. En estimación directa normal pode revestir maior complexidade ao existir supostos de liberdade de amortización.
En estimación directa simplificada, as amortizacións calcularanse linealmente  de acordo coa táboa de amortizacións simplificada.
https://www5.aeat.es/ES13/S/IAFRIAFRC11F?REFERENCIA=0126564

- Perdas por deterioración do valor dos elementos patrimoniais: deterioración dos créditos derivados por insolvencias de debedores (só se non están apoiados por avais, seguros ,etc); deterioración de fondos editoriais, fonográficos e audiovisuais, e deterioración do inmobilizado intangible, cun máximo do 20% de fondos de comercio que fosen adquiridos.

- Outros gastos deducibles: adquisición de libros, subscrición a revistas profesionais, gastos de asistencia a eventos relacionados coa actividade (cursos, congresos, conferencias), cotas de asociacións empresariais, corporacións e cámaras así como as primas de seguro de enfermidade satisfeitas polo autónomo para el, o seu cónxuxe ou fillos menores de 25 que convivan no domicilio familiar, cun máximo de 500 euros por persoa.

- Provisións deducibles e gastos de difícil xustificación: coa entrada en vigor da reforma fiscal, a partir de xaneiro de 2015 establécese un tope anual de 2.000 euros á dedución en estimación directa simplificada do 5% do importe do rendemento neto previo.

- Provisións fiscalmente deducibles: só os autónomos que tributen en estimación directa normal poderán desgravar as facturas non cobradas ou os gastos asociados ás devolucións de vendas.
                              

Gastos deducibles de afectación parcial á actividade

Hai unha serie de partidas de gasto moi habituais entre os autónomos que presentan algunhas peculiaridades e sempre xeran dúbidas, debido sobre todo ao grao de afectación á actividade . Partidas sobre as que Facenda vén sendo cada vez máis esixente en canto aos requisitos para justificar a afectación.

En concreto imos profundar no funcionamento dos seguintes gastos deducibles:

- Se traballamos nun local que non é o noso domicilio todos os gastos relacionados coa actividade son deducibles. Podemos incluír partidas como gastos de luz, auga, seguros, reformas, mobiliario, etcétera como gastos deducibles. Se temos hipoteca podemos deducir os intereses, pero non a amortización do préstamo.
- Se traballamos na casa, como a vivenda non só serve para traballar, só poderemos deducirnos unha porcentaxe dos gastos relacionados coa actividade e até un máximo do 50% do total. Ese tanto por cento determínase en función da parte da casa adicada á actividade. No caso de que teñamos hipoteca tamén podemos deducir interéselos pero logo non poderemos deducilos na declaración anual do IRPF dentro do apartado de vivenda habitual.
- Cos gastos do transporte: No caso de que nos dediquemos ao transporte de viaxeiros ou de mercancias, ao ensino de condutores ou actividades comerciais relacionadas co transporte (como o caso dos repartidores, os axentes comerciais, os representantes ou os taxistas) podemos deducirnos o 100% dos gastos. Se realizamos algunha outra actividade que ás veces require do uso do noso vehículo privado poderemos deducirnos o que corresponde a esa actividade cun máximo do 50% do total dos gastos do vehículo e até un límite de 3.000 euros ao ano por vehículo e ano.
-A deducibilidade dos gastos relacionados co vehículo tales como combustible, peaxes e aparcadoiro en parkings públicos, estará condicionada, en primeiro lugar, a que o vehículo que os orixina estea afecto á actividade económica.
Non se entenderán afectados os que se utilicen simultaneamente para actividades económicas e para necesidades privadas, salvo que a utilización para estas últimas sexa accesoria e notoriamente irrelevante, entendendo como uso irrelevante en que se produza en días ou horas inhábiles. 
- Os turismos que se presuman afectados de maneira exclusiva, deberán probar o feito ante a Axencia Tributaria. Se o uso está debidamente probado, poderán deducir todos os gastos expostos. Se non o fose, non poderá deducirse gasto algún.
 - Respecto de viaxes en avión, tren ou outro tipo de transporte: non poden deducirse as viaxes relacionadas co lecer, polo que, en principio, quedan excluídos as viaxes realizadas en fin de semana.
- Co vestiario debemos deducir os gastos de uniformes ou roupa co anagrama do traballo, pero en ningún caso os gastos ordinarios de vestiario.

Poden atopar toda a información respecto a declaración deste imposto no seguinte enlace:
http://http//www.agenciatributaria.es/AEAT.internet/Inicio_es_ES/La_Agencia_Tributaria/Campanas/_Campanas_/Impuesto_sobre_la_Renta_de_las_Personas_Fisicas__IRPF_/_INFORMACION/Reforma_Renta_2015/Reforma_Renta_2015.shtml