APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Xornada de difusiÓn: obrado...

XORNADA DE DIFUSIÓN: OBRADOIRO DE PAQUETERÍA (PORRIÑO)

            O obradoiro foi impartido por Cany Juncal Ave, escaparatista e interiorista de recoñecido prestixio. Asistiron arredor dunha treintena de autónomos do sector comercio, ós que se pretendeu mostrar as últimas tendencias en paquetería, utilizando formas creativas e aproveitando os recursos que ofrece o producto.

            Partindo da idea de que a presentación dos artigos con envoltorios orixinais está moi valorada polo consumidor e lle aporta un gran valor engandido ao producto, trátase de incrementar as vendas e reforzar a imaxe da marca. A través de este obradoiro, eminentemente práctico, pretendeuse:

-          Ensinar aos asistentes os coñecementos técnicos necesarios para crear os seus propios paquetes creativos con personalidade propia.

-          Mostrar aos alumnos as últimas tendencias en paquetería.

-          A importancia da paquetería como difusión dunha marca.

-          Aprender a empaquetar diferentes tipos de volúmenes e formas.

-          Innovar no sector do envoltorio para acadar a identidade comercial.

-          Últimas tendencias en paquetería.


* Esta Xornada foi gratuita para os asistentes, posto que foi financiada pola Dirección Xeral de Emprego e Formación, pertencente a Consellería de Traballo e Benestar.

  • Img_20141216_wa0005
  • Img_20141216_wa0004
  • Dsc05600_jpg
  • Dsc05595_jpg