APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Xornada de difusiÓn: o autÓ...

XORNADA DE DIFUSIÓN: O AUTÓNOMO 2.0 Y DISFRUTAR EN EL INTENTO

O acto dividiuse en dúas partes:

1.1   “Como ser autónom@ 2.0 e disfrutar no intento “

            O ponente foi D. José Maria López , docente e experto en TICs, quen abordou os seguintes temas:

                   1. Os pilares do comercio: as 4P

                   2. As redes afectivas no comercio tradicional

                   3. Evolución  ás redes sociais virtuais

                   4. Casos de éxito. Redes emocionais

                   5.Outras 3P: os tres pecados habituais

 

1.2  " Liñas de apoio a emprendedores"

             A seguinte ponente, Dna. Belén Fernández, Responsable da zona norte do IGAPE, tratou sobre as liñas de apoio a emprendedores existentes na actualidade.

            A espera da aprobación das subvencións a fondo perdido para emprendedores que previsiblemente  publicaranse en xaneiro do 2015, a ponente explicou que o IGAPE ofrece na actualidade varias líneas de financiamento para autónomos englobadas dentro do programa Galicia 1000. A continuación pasou a desglosalas:

-          O préstamos Jeremie-Igape financian ata un 70% da inversión que fagan as PEMES en activos fixos materiais ou intanxibles, sempre que a inversión sexa superior ós 100.000 euros; cunhas condicións financieiras especialmente vantaxosas e compatibles con outras axudas.

-          Para autónomos e microempresas que teñan formalizados préstamos iguales ou inferiores a 25000 euros, o programa de microcréditos ofrecelles unha bonificación de ata o 100% dos custos financieiros.

-          Pola súa parte, o programa de financiamento de PEMES, ofrecelles aos autónomos, microempresas e PEMES unha bonificación dos custos financieiros se teñen formalizado un préstamo por importe superior aos 25.000 euros.

-          No tocante a financiación a curto plazo, o programa RE-SOLVE concede avais as PEMES  que formalicen un préstamo de entre 3.000 e 150.000 euros para o financiamento do seu activo corrente.

 

      * Esta Xornada foi gratuita para os asistentes, porque foi subencionada pola Dirección Xeral de Emprego e Formación pertencente a consellería de Traballo e Benestar.  

 

  • Ii_jornada_ape_galicia_page_001_2_
  • _dsc5495_jpg
  • _dsc5502_jpg
  • _dsc5523_jpg