APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » MÁis dunha vintena de perso...

Imagen_de_whatsapp_2023_11_07_a_las_16_03_21_44cbe527

MÁIS DUNHA VINTENA DE PERSOAS PUIDERON DISFRUTAR DA CLAUSURA DO CICLO DE XORNADAS FORMATIVAS “A DIXITALIZACIÓN DOS NEGOCIOS NO RURAL” NO MUNICIPIO DE VALDEORRAS

Vilamartín de Valdeorras, Ourense, 7 de novembro de 2023. O ciclo de xornadas formativas “A dixitalización dos negocios no rural” para potenciar os negocios nesta contorna chegou este mediodía a súa fin cunha última charla en Valdeorras. No evento, que tivo lugar no Centro Social de Santa Lucía, participaron o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas e, Miguel Fidalgo, o responsable das Oficinas do Igape da Zona Sur.

 A clausura, na que participaron máis dunha vintena de persoas, estivo conducida por Jaime Barreiro, experto en marketing dixital, que analizou a situación das persoas traballadoras autónomas das zonas rurais e afondo unas técnicas para mellorar o seu desenvolvemento profesional e avanzar nos seus proxectos. O relator explicou as novas oportunidades existentes na contorna rural e as técnicas para efectuar unha dixitalización efectiva e realista. Por outra banda, o responsable das Oficinas do Igape da Zona Sur, Miguel Fidalgo, informou acerca das liñas de actuación e o apoio que ofrece a Xunta de Galicia para levalo a cabo.

 No transcurso da xornada, amosáronse as ferramentas para a dixitalización dos negocios, revisáronse as oportunidades dos avances tecnolóxicos para os negocios e os apoios ofrecidos pola Xunta. Por último, estudáronse as necesidades e posibilidades da dixitalizacion nos negocios no rural.

Esta iniciativa, ofrece información sobre o emprendemento, a mellora do desenvolvemento profesional, a consolidación de proxectos e a reinvención dos negocios na contorna rural. En xeral, o obxectivo destas xornadas formativas é inspirar ás persoas autónomas, animar a emprender, consolidar o negocio no rural e detectar novas oportunidades que chegan da man dos cambios tecnolóxicos.

 Esta trátase da quinta e última das xornadas deste ciclo “A dixitalización dos negocios no rural”, que xa pasou por Ferrol, San Cibrao das Viñas, Mondoñedo e Marín, da que disfrutaron ao redor de 150 participantes en total. Porque mellorar, optimizarse e apostar pola modernización é fundamental para seguir sendo competitivo e diferenciarse nun mercado tan saturado de información como é o actual.
  • Imagen_de_whatsapp_2023_11_07_a_las_16_03_21_44cbe527
  • Imagen_de_whatsapp_2023_11_07_a_las_16_06_08_6d87a866