APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » As xornadas de dixitalizaci...

Copia_de_invitacion_para_reunion_de_negocios_geometrico_lila_documento_a4_vertical_1080_x_566_mm_

AS XORNADAS DE DIXITALIZACIÓN NO ENTORNO RURAL CHEGAN A FERROL O 10 DE OUTUBRO

A xornada “Dixitalización no entorno rural”, organizada por APE Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia e IGAPE, chega o vindeiro 10 de outubro a Ferrol para potenciar e mellorar os negocios no rural. 

📆O evento terá lugar de 12:30 a 14:00 horas na Delegación da Xunta de Galicia en Ferrol (Pza. Camilo José Cela, s/n) e contará coa participación de Covadonga Toca, Directora Xeral do IGAPE e Martina Aneiros, Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol.

A QUÉN ESTÁ DIRIXIDA?

Esta xornada, basada no diálogo e intercambio de ideas, está dirixida a todas aquelas persoas traballadoras autónomas e pemes que, desde zonas rurais, queren mellorar o seu establecemento, consolidar os seus proxectos ou reinventar os seus negocios. Ademáis está orientada tamén  todas as persoas mozas que ven no rural unha oportunidade para emprender. 

OBXECTIVO:

Nesta ponencia falarase da dixitalización coma ferramenta de solución de problemas, sobre o modo de aforrar tempo automatizando tarefas ou sobre como vender usando as redes sociais e tendas en liña para chegar a máis clientes. Por suposto, haberá tempo de facer unha breve revisión ás axudas que vixentes que se poden solicitar para cubrir estos ou otros gastos.

En xeral, o obxectivo destas xornadas formativas é amosar as ferramentas e oportunidades que poden brindar os cambios tecnolóxicos, analizar que precisan os negocios rurais e cales son as súas posibilidades, entusiasmar a toda persona traballadora autónoma para avanzar no seu proxecto e mellorar o seu negocio, así como, animar a emprender a todos esos mozos e mozas que ven no rural unha oportunidade para o desenvolvemento profesional e reinvención dos negocios.

DOCENTE:

🎓Jaime Barreiro, experto en marketing dixital e xerente de Cactus Digital e Cactus Tic, será o encargado de impartir o relatorio mediante un análisis da situación dos negocios e pemes na contorna rural afondando nas técnicas e ferramentas para melloralos.

PRÓXIMAS PARADAS:

📌 O programa pasará tamén durante este mes de outubro no mesmo horario por San Cibrao Das Viñas, Ribadeo, Chantada, Valdeorras e Marín, onde se clausurará. 

 

As persoas interesadas en participar poden insciribirse a través de www.apegalicia.gal

 


  • Copia_de_invitacion_para_reunion_de_negocios_geometrico_lila_documento_a4_vertical_1080_x_566_mm_