APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Novas formaciÓns en liÑa su...

Xornadas_2_ed_1080_x_566_px_

NOVAS FORMACIÓNS EN LIÑA SUBVENCIONADAS POLA XUNTA DE GALICIA ESTE MES OUTUBRO


✔️Son formacións totalmente gratuitas, financiadas pola Xunta de Galicia.

✔️Dirixidas ao colectivo autónomo, responsables de comunicación, persoas emprendedoras, desempregados/as, persoas traballadoras por conta allea…

✔️Horario flexible.

 

🎓📚Fomento e promoción do traballo autónomo en economía social.

Do 16 ao 31 outubro

Con este curso aprenderás a fomentar e potenciar actitudes e valores de emprendemento, así como a crear unha óptima estratexia de negocio.

O obxetivo deste curso é fomentar e potenciar actitudes e valores emprendedores e facilitar a adquisición de coñecementos básicos e estratexias favorables ao emprendemento.

Contidos:        

- O espíritu emprendedor.

- A idea de negocio.

- Plan de negocio.

- Trámites para o establecemento dun negocio.

- Introducción á responsabilidade social empresarial.

Esta formación ten unha duración total de 33 horas (30 horas de teleformación + 3 de aula virtual)


Marketing básico en medios sociais na contorna rural.

Do 16 ao 27 outubro

Debido ao entorno cambiante no que nos atopamos e a múltiple competencia en todos os sectores, o futuro das empresas depende en gran medida da capacidade de xestión estratéxica e máis concretamente, da xestión da súa comunicación para lograr a diferenciación.
Por iso, con esta formación aprenderás sobre comercio electrónico e marketing en internet para xestionar de forma autónoma e responsable calquer empresa á vez que consigues impactar o teu público obxetivo.

Con este curso o alumnado aprenderá sobre comercio electrónico e marketing en Internet e a determinar todos os elementos a ter en conta para xestionar de forma autónoma e responsable unha empresa.

 Este curso ten unha duración total de 28 horas.

Contidos        

- A web 2.0 na empresa.

- Crear contidos e conversar en medios sociais.

- Escoitar e medir en medios sociais.

- A aplicación nas empresas de economía social.


As prazas son limitadas, se estás interesado realiza a túa inscripción canto antes en www.apegalicia.gal 


_

Para máis información:

info@apegalicia.es
986 891 657



  • Xornadas_2_ed_1080_x_566_px_