APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Programa de comercio circul...

Bono_concilia_familia_historia_de_instagram_1080_x_566_px_

PROGRAMA DE COMERCIO CIRCULAR - CO300D

Obxecto

Concesión de subvencións para a execución de actuacións de comercio sostible e circular.

O procedemento de concesión destas subvencións será en réxime de concorrencia non competitiva e quedará suxeito ó réxime de axudas de mínimis.

 

Persoas Beneficiarias e Requisitos

Poderán ser beneficiarias das axudas:

-        Os comerciantes minoristas que desenvolvan a actividade en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e cumpran os requisitos legais para exercer a súa actividade. En caso de comerciantes en liña, debrán ter o seu domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia. Debrán ter a condición de peme (incluídas as persoas en situación de autoemprego) e dadas de alta nalgún dos epígrafes relacionados na orde reguladora.

 

-        Os obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia

 

-        Asociacións de comerciantes que teñan a condición de Centro Comercial Aberto e en todo caso as asociación de comerciantes, deberán ter unha antigüedade mínima de 3 años.

Considerarase subvencionable a adquisición de solucións sustentables de envasado e empaquetado realizadas con materiais cen por cento naturalmente biodegradables ou ecolóxicos.

Poderase acreditar a sustentabilidade dos materiais utilizados mediante certificación, norma ISO ou equivalente que garanta que os produtos foron elaborados con prácticas sustentables e responsables.

En concreto, consideraranse subvencionables:

 

a)     Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns:

– Caixas e sobres de cartón ou papel reciclado.

– Recheos, proteccións acolchadas e escumas para a embalaxe.

– Cordas ou cintas de rafia, algodón ou outros materiais naturais.

– Film de material biodegradable.

– Etiquetas.

– Pegamento e cinta adhesiva.

– Bolsas comerciais de fibras naturais ou material reciclado.

 

b) Asociacións de comerciantes:

– Bolsas comerciais de fibras naturais ou material reciclado

 

 

Características da axuda

As axudas concederanse réxime de concorrencia non competitiva.

Se require un investimento mínimo de 1.000,00€ para que o proxecto sexa subvencionable.

Establécense as seguintes porcentaxes da subvención sobre os investimentos máximos

subvencionable:

 

a)     Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns:

Persoas autónomas e pemes de 0 a 10 persoas traballadoras: 80% de porcentaxe de subvención

Persoas autónomas e pemes de 11 a 50 persoas traballadoras: 75% de porcentaxe subvencionable 

Persoas autónomas e pemes de 51 a 250 traballadoras: 70% de porcentaxe de subvención 


b)     Asociacións de comerciantes: 90 %.


4. En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

 

FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN

 

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Publicación no DOG

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230908/AnuncioG0692-170823-0001_gl.pdf


  • Bono_concilia_familia_historia_de_instagram_1080_x_566_px_