APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Retomamos as nosas xornadas...

Xornadas_1080_x_566_px_

RETOMAMOS AS NOSAS XORNADAS FORMATIVAS EN MATERIA DE PRL

Estas xornadas de sensibilización terán unha duración de hora e media e realizaranse en streaming dende a sede de APE Galicia, en Pontevedra. O horario de todas será de 10:00 a 11:30. Ás persoas doutros lugares ou que non poidan desprazarse ata as instalacións ofreceráselle a posibilidade de conectarse dende o seu domicilio. Por suposto, será posible a intervención dos participantes para aclarar e dar resposta a todas as cuestións que vaian xurdindo.

Contaremos con tres xornadas direfentes, todas en materia de prevención de riscos laborais.

VENRES 1 DE SETEMBRO - RISCOS PSICOSOCIAIS NO TRABALLO E ACOSO LABORAL:
  • Riscos laborais e psicosociais 
  • Factores de risco psicosociais 
  • Acoso laboral
  • Consecuencias na saúde 
  • Avaliación de riscos psicosociais e metodoloxías 
  • Medidas preventivas
  • Marco normativo e actuacións inspectoras 
  • Exemplo de sistemática de actuación ante unha posible situación de acoso laboral 

VENRES 8 DE SETEMBRO - RISCOS ERGONÓMICOS E O TELETRABALLO:
  • Introducción ao teletraballo
  • Riscos asociados ao teletraballo
  • Distribución ergonómica da área de traballo
  • Ergonomía no uso de pantalla de visualización de datos (P.V.D)
  • Ergonomía ambiental 
  • Factores psicosociais 
  • Seguridade no fogar
  • Rutinas de estiramiento e exercicio físico
  • Pautas saudables durante o traballo


XOVES 14 DE SETEMBRO - PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS PARA PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS, CON E SEN TRABALLADORES:
  • Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo
O traballo e a saúde: riscos profesionais e factores de risco
Os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais. Outras patoloxías derivadas do traballo
Marco normativo básico en materia de PRL
  • A xestión da prevención de riscos laborais para persoas traballadoras autónomas CON empregados:
Funcións, obrigacións e responsabilidades
Plan de prevención de riscos laborais, avaliación de riscos e planificación da prevención
Modalidades preventivas
Recollida, elaboración e arquivo da documentación
  • Xestión da prevención de riscos laborais para persoas traballadoras autónomas SEN empregados:
Obrigas e responsabilidade
Recollida, elaboración e arquivo da documentación
  • A coordinación de actividades empresariais

Se estás interesado en participar debes inscribirte na nosa páxina: https://apegalicia.gal/
__

📩info@apegalicia.es
📞986 891 657



  • Xornadas_1080_x_566_px_