APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Axudas emprendemento plus p...

Tr880b_post_de_facebook_horizontal_1080_x_566_px_

AXUDAS EMPRENDEMENTO PLUS PARA AUTÓNOMOS E PEMES

Este programa ten por obxecto a convocatoria das subvencións de Emprendemento Plus para iniciativas de emprendemento de persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, que na data de presentación da solicitude non teñan máis de 42 meses de antigüedade desde a data de constitución ou alta, así como de inicio da súa actividade económica, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.


Persoas Beneficiarias e Requisitos

Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas traballadoras autónomas, as sociedades mercantís, as sociedades laboráis e cooperativas, empresas de inserción, centros especiais de emprego, así como entidades sen personalidade xurídica tales como comunidades de bens, sociedades mercantís, etc que cumpran a condición de peme.

As persoas beneficiarias deberán ter unha antigüedade non superior ós 42 meses desde a alta ou constitución ou o inicio da súa actividade e ata a data da solicitude.

Ademáis deberán cumprir, entre otros, os seguintes requisitos:

-        Domicilio fiscal e/ou centro de actividade en Galicia

-        Viabilidade técnica, económica e financieira

-        Inscritas como tales no rexistro correspondente

-        Ter presentado as contas anuais segundo corresponda

-        Estar ó día no pago das súas obrigas tributarias e da seguridade social

-        Alta no IAE

-        Desenvolver actividade empresarial ou profesional en Galicia

 

Características da axuda

As axudas concederanse a través dos seguintes programas de axudas:

a)     PROGRAMA I. EMPRENDEMENTO PLUS INVESTIMENTO: para apoiar a continuidade e a consolidación de iniciativas de emprendemento de persoas autónomas e pemes que teñan unha antigüidade máxima de 42 meses, mediante o apoio de investimentos realizados nas iniciativas obxecto da axuda, tal e como se describe na convocatoria, sendo subvencionables: equipamento informático, adquisición de bens e equipamento e mobiliario, reformas de local de negocio, etc..

b)     PROGRAMA II. EMPRENDEMENTO PLUS EMPREGO: Este programa ten por obxecto o fomento e a consolidación do emprego por parte de autónomos e pequenas empresas de nova creación (máx. 42 meses) para promover a contratación de persoas desempregadas. A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, mediante unhas liñas de incentivos á contratación por conta allea, cuxas particularidades se recollen na convocatoria, e que inclúe dúas modalidades de axudas:

        o Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.

        o Incentivos á contratación de fixos descontinuos, para contratos de duración dun mínimo de 9 meses e a xornada completa.

Estes dous programas son compatibles entre si, pero para optar ao Programa II Emprendemento Plus Emprego será necesario solicitar a axuda ao investimento establecida no Programa I Emprendemento Plus Investimento.

Para poder optar ao Programa I: Investimento non é necesario solicitar o Programa II de Emprego


CONTÍA DAS AXUDAS

PROGRAMA 1. EMPRENDEMENTO PLUS INVESTIMENTO:

A contía das axudas establecese en función do programa solicitado e do rango do investimento  realizado sendo o investimento mínimo de 10.000€:

Entre 10.000 e 30.000 euros: 60%

Entre 30.001 e 50.000 euros: 55%

Entre 50.001 e 100.000 euros: 50%

Entre 100.001 e 200.000 euros: 45%


PROGRAMA 2. EMPRENDEMENTO PLUS EMPREGO:

- As contratacións indefinidas iniciais de persoas desempregadas: incentivo de 6.000 €.

- As contratacións de fixos descontinuos, para contratos de duración dun mínimo de 9 meses e a xornada completa: incentivo de 6.000 €

 

FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación será de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG e que comprende o período do 18 de xullo ao 17 de agosto de 2023.

O prazo máximo de execución e xustificación das iniciativas de emprendemento rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 31 deoutubro de 2024.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal



  • Tr880b_post_de_facebook_horizontal_1080_x_566_px_