APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » No día de onte tivo lugar n...

A_coruna_10

No día de onte tivo lugar na provincia de A Coruña a Primeira Edición do curso presencial de Primeiros Auxilios e Emerxencias.

Neste curso que durou 8 horas e foi subvencionado pola Xunta de Galicia, os nosos alumnos coñeceron da man de Emilio Aguete, instrutor do Grupo Isonor, a importancia da saúde como medida preventiva e adquiriron nocións básicas sobre primeiros auxilios e socorrismo. Ademáis practicaron maniobras de reanimación cardiovascular, tanto nun neno como nun adulto; coñeceron o manexo dun desfibrilador; ou a forma máis segura de transladar un ferido.

Deixamos por aquí algunhas fotos do ben que o pasaron e o moito que aprenderon.
E non vos preocupedes se quedastes con ganas de facelo, moi pronto sairán as datas e os lugares das próximas formacións.

Moitas gracias a AECO Coruña pola sua axuda e implicación, e a mais sincera noraboa ós alumnos que completaron esta formación.

Para non perderte información sobre os próximos cursos síguenos en:

@ape_galicia
www.apegalicia.gal


Se tes algunha dúbida ou consulta:

📩info@apegalicia.es
📞986 891 657

  • A_coruna_10
  • A_coruna_8
  • A_coruna_9
  • A_coruna_12
  • A_coruna_2