APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » ix encontro internacional ...

Captura_de_pantalla_2023_07_06_142802

IX Encontro Internacional de Empresarios Galegos no mundo

Este mércores 5 de xullo o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, acudiu ao IX Encontro Internacional de Empresarios Galegos no mundo celebrado no Eurostarts – Gran Hotel La Toja.

Dende alí o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quixo destacar a contribución dos empresarios galegos “na construción da Galicia que bate records en exportacións” e recordou a todos eles que terán sempre unha man amiga na Xunta para seguir construíndo unha Galicia máis próspera.

Durante o acto procedeuse á entrega de premios, o primeiro foi para o presidente do Grupo Coren, Manuel Gómez, e o segundo para o fundador de Hipermercados Olé, Manuel Rodríguez, líder da distribución alimentaria na República Dominicana.

Entre as caras coñecidas estiveron tamén a diputada Ana Pastor, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín e a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, quen destacou o papel fundamental dos empresarios galegos no exterior como embaixadores da Marca Galicia e recordou que a comunidade galega vive o seu mellor ciclo exportador, chegando casi aos 30.000 millóns de euros e co mellor cuatrimestre exportador da historia neste 2023.

 

  • Captura_de_pantalla_2023_07_06_142802
  • Aegama