APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Darse de baixa como autÓnom...

Autonomo_en_verano_1080_x_566_px_

DARSE DE BAIXA COMO AUTÓNOMO NO VERÁN, ACERTO OU ERRO?

Comeza o verán e moitos autómos prevén unha baixada de ingresos considerable, polo que moitos cabilan se darse de baixa para aforrar esta cuota.

Pero, merece realmente a pena?

Hoxe traemos todas as puntualizacións a ter en conta antes de tomar calquer decisión, co fin de aforrarvos algún susto ao querer reiniciar a actividade en setembro.

🔴PÉRDIDA DA BONIFICACIÓN NA CUOTA DE AUTÓNOMOS. Se eres autónomo, dende o 1 de xaneiro poderás disfrutar da tarifa reducida de 80 euros mentres que se te das de baixa, ademais de perdela, terás que esperar 3 anos para volver a solicitala.

🔴OBRIGACIÓNS COMO BENEFICIARIO DUNHA SUBVENCIÓN. Moitas das axudas públicas do sector esixen un periodo mínimo de alta como autónomo e no caso de incumprimento a obriga de devolver a subvención íntegra.

🔴COSTE DA TRAMITACIÓN DA ALTA E A BAIXA. 
Os trámites administrativos de darse de baixa e alta como autónomo supón un coste tanto económico como temporal

🔴FACTURACIÓN E DEDUCCIÓN DE GASTOS. Mentres estés de baixa, non poderás facturar nin aceptar como deducibles os gastos durante ese tempo como por exemplo, o alugueiro

🔴PÉRDIDA DA EXENCIÓN POR CAPITALIZACIÓN. Ao inicio dunha actividade pódese solicitar o abono da prestación de desempleo nun único pago para facer frente os gastos. Para poder disfrutala e non ter que tributar polo importe cobrado, é necesario manter a actividade un mínimo de 5 anos

E ti, seguirás dado de alta como autónomo este verán? Cóntanos!

Se todavía tes dúbidas non dudes en pedir máis información:

📩info@apegalicia.es
📞986 891 657
🔷 apegalicia.es
  • Autonomo_en_verano_1080_x_566_px_