APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Novas axudas para fomentar ...

Persoas_mozas

NOVAS AXUDAS PARA FOMENTAR A CONTRATACIÓN DE PERSOAS MOZAS (TR350C)

📌Xa está publicada no DOG a Convocatoria de Axudas para Incentivos á contratación de persoas mozas desempregadas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil , con código de procedemento TR350C.

Estas axudan teñen a finalidade de promover entre as empresas a contratación de persoas mozas de Galicia, a través dunha serie de incentivos con diferentes modalidades de contrato.
A contratación destes xóvenes por conta allea, deberá ter unha duración mínima de 9 meses a xornada completa e contar cun programa de formación en competencias brandas dunha duración mínima de 50 horas co obxeto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.

A axuda consistirá nun incentivo único de 9.000€ por cada persoa contratada, tanto as novas contratación como as contratacións realizadas ata seis meses antes da publicación desta orde.

📅O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do venres 30 de xuño ata o luns 31 de xullo.

ℹPara máis información:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230629/AnuncioG0656-160623-0009_gl.html

📩info@apegalicia.es
☎986 891 657
🔴apegalicia.es
  • Persoas_mozas