APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » A consellería de promoción ...

Foto_1

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade subvenciona a contratación de dúas persoas mozas desempregadas en APE Galicia

APE Galicia resultou beneficiaria da subvención que no seu día convocou a Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, para a contratación de dúas persoas mozas a través dun programa de cooperación dirixido a organismos intermedios sen ánimo de lucro (Procedemento TR349Z). 

Esta subvención ten por finalidade mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e como obxectivo o financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración con organismos intermedios sen ánimo de lucro (asociacións empresariais sectoriais ou multisectoriais, agrupacións industriais empresariais e consellos reguladores) para a contratación durante nove meses, coa finalidade de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.

A denominación do servizo é “Prácticas profesionais de auxiliar administrativo” co obxectivo de que as persoas traballadoras contratadas, teña a oportunidade de ampliar o seu expediente formativo, xa que serán dotadas dos instrumentos necesarios para ampliar a súa formación técnica, buscando con isto mellorar as súas posibilidades futuras de inserción laboral.

A achega económica, empregarase para sufragar os custos salariais dos traballadores contratados para levar a cabo as actuacións descritas.

  • Foto_1
  • Tr349z