APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » 1 de xullo, dÍa internacion...

Banner_cooperativas

1 DE XULLO, DÍA INTERNACIONAL DAS COOPERATIVAS

Por motivo do día internacional das cooperativas e como pequena homenaxe para elas, achegamos un pouquiño de información para que podades conocer o seu funcionamento, organización e caracteríscas principais de estas asociacións.

 O cooperativismo é un movento socio-económico que se fundamenta nos valores e principios da igualdade e equidade. Para iso, os individuos organízanse e asócianse por voluntade propia en empresas cooperativas de propiedade conxunta e democráticamente controladas para facer frente ás suas necesidades e aspiracións económicas, sociais e culturais.

A diferencia entre una cooperativa e o resto de empresas recae en que son as persoas que participan na mesma cooperativa as que a dirixen, e o peso na toma de decisión é igual para todos os membros. As cooperativas teñen una base democrática e o seu foco está posto nas persoas; ademáis os beneficios son repartidos de forma igualitaria.

A orixe deste modelo creado en Alemania polos pioneiros de Rochadle, básase na necesidade de colaborar para acceder a un beneficio común, afianzar os recursos e mellorar a situación das persoas que forman parte desde proxecto.

Este modelo ten 7 principios de funcionamento:

-        Adhesión aberta e voluntaria, polo que deben estar abertas a todas as personas dispostas a utilizar os seus servizos.

-        Xestión democrática.

-        Participación económica de socios e socias. As persoas asociadas deberán contribuir de forma equitativa e controlar democráticamente o capital desta empresa.

-        Autonomía e independencia: si a cooperativa acorda con otras organizacións / administracións públicas, ou ten capital de fontes externas, este deberá ser utilizado en términos que aseguren control democrático e manteña a autonomía da mesma.

-        Educación, entretemento e información. O modelo cooperativo ofrece educación e formación aos asociados de xeito que fomenta o desenvolvemento das empresas.

-        Coperación entre as cooperativas.

-        Compromiso ca sua comunidade.

  • Banner_cooperativas