APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Actividades do "programa pa...

Actividades do "Programa para o fomento do cooperativismo e a economía social"


APE Galicia, como membro integrado na Rede Eusumo, realizou nos mes de Outubro unha serie de actividades divulgativas no marco do "Programa para o fomento do Cooperativismo e a Economía Social".

A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar para o fomento do cooperativismo e a economía social.

 A través da Rede Eusumo:

•Foméntase o espírito emprendedor a través da fórmula cooperativa.

•Préstase apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.

•Impúlsase o modelo empresarial no ámbito local, a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego colectivo.

O obxetivo do "Programa para o fomento do Cooperativismo e a Economía Social" é achegar a autónomos e emprendedores os beneficios que aportan as Cooperativas e empresas de Economía Social como alternativa de autoemprego así como mostrar ós desempregados  o cooperativismo  como unha opción viable para incorporarse o mercado laboral, informándolles das suas características e do acompañamento que poden atopar a través da Rede Eusumo.

Esta labor de difusión realizouse ó longo de toda Galicia, con xornadas informativas en cada unha das capitais galegas co fin de chegar o maior número de interesados. As actividades levadas a cabo foron as seguintes:

- Xornada "Coñecendo e difundindo o cooperativismo", Pontevedra, 17/10/2014

- Visitas formativas á Cooperativa Vitivinícola Arousana (Bodega e Viñedos Paco & Lola) en Meaño e Horsal, Sociedade Cooperativa Galega, en Cambados e Menú Degustación de Productos Cooperativos.

- Xornada "Coñecendo e difundindo o cooperativismo", Ourense, 22/10/2014

- Visitas formativas a Hortoflor 2, Sociedade Cooperativa Galega, e á Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro, S.C.G. e Menú Degustación de Productos Cooperativos.

- Xornada "Coñecendo e difundindo o cooperativismo", A Coruña, 29/10/2014

- Xornada "Coñecendo e difundindo o cooperativismo", Lugo, 30/10/2014

Xa está dispoñible a galería de imaxes de cada unha das actividades na pestana "Galerías" da nosa web.

Todos aqueles que estedes interesados en obter máis información sobre o Cooperativismo e a Economía Social ou vos animades a emprender baixo estas fórmulas empresariais podedes contactar con APE Galicia no correo electrónico info@apegalicia.es