APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Programa mentoring traballo...

Todo_lo_que_necesitas_es_amor_pero_un_poco_de_chocolate_de_vez_en_cuando_no_hace_dano_1_

PROGRAMA MENTORING TRABALLO AUTONOMO 2023

Poderán  participar ata un máximo de 200 persoas que, estando de alta como traballadoras autónomas, leven alomenos 42 meses de actividade económica, e teñan o domicilio fiscal en Galicia; e deberán cumprimentar o formulario pinchando no seguinte enlace https://oficinadoautonomo.gal/gl/content/participacion-programa-de-mentoring-traballo-autonomo-2023

Cumprindo eses requisitos, terán prioridade aquelas persoas traballadoras autónomas que teñan persoal contratado.

E no caso de que non se acade o obxectivo de 200 persoas traballadoras autónomas con 42 meses de actividade, poderán inscribirse aquelas que teñan recibido a axuda do programa de XEMPRE AUTONOMO (promoción de emprego autónomo), BONO AUTÓNOMO, NOVA OPORTUNIDADE, EMEGA, XEMPRE EMPREDEMENTO ou calquera outra axuda da Consellería e Promoción de Emprego e Igualdade.

O PLAN DE ACCIÓN do Programa de Mentoring Traballo Autónomo 2023 estructúrase da seguinte maneira:

  1. Obradoiro de formación de 4 horas para coñecer o proceso do Mentoring e os seus protocolos de actuación
  2. A cada persoa traballadora autónoma participante asignaráselle unha persoa mentora (“matching”) en función do tipo de apoio que precisen
  3. Cada “matching” celebrará un mínimo dunha reunión mensual, cunha duración estimada de 1 a 2 horas, e durante un período máximo de 7 meses.
  4. Durante a relación de mentoring, ofreceranse “mentorías de apoio” para, de forma puntual, poder traballar outras áreas de traballo.
  5. Ao finalizar o “matching” formalizarase o seu peche e analizaranse os obxectivos acadados.
NON DEIXES PASAR ESTA OPORTUNIDADE E APÚNTATE CANTO ANTES!!


  • Todo_lo_que_necesitas_es_amor_pero_un_poco_de_chocolate_de_vez_en_cuando_no_hace_dano_1_