APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Bono activa comercio

Unnamed

BONO ACTIVA COMERCIO

O Diario Oficial de Galicia de 8 de maio ven de publicar as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos BONOS ACTIVA COMERCIO, e abre o prazo para a adhesión dos comercios (CO301B) https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230508/AnuncioV0653-260423-0025_gl.pdf

O obxectivo do programa é incentivar a demanda comercial, axudando económicamente ás persoas consumidoras, e así fomentar o consumo nos establecementos comerciais retallistas adheridos á campaña.

O período de adhesión que comeza hoxe, 9 de maio, extenderase ata o 1 de setembro deste mesmo ano.

Os establecementos deberán rexistrarse en 
www.bonosactivacomercio.gal, e será nesta mesma web onde figurará o nome comercial e a ubicación dos establecementos participantes así como onde, a partir do 15 de maio, as persoas usuarias terán dispoñibles os bonos para  a súa descarga, ata o 15 de setembro de 2023, excepto no caso de que o importe total dos descontos efectivamente realizados alcance os 2.500.000,00€ que se destinan a este programa. Aínda que segundo o publicado, esta cantidade poderá verse incrementada en función da evolución do programa co obxeto de aumentar o númeo de persoas benficiarias e de acordo coa dispoñibilidade de crédito.

Subvencionarase a compra de bens cun desconto de ata 30€, o importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realziada e da seguinte maneira:

             - Desconto de 5€ para compras iguais ou superiores a 20€ e inferiores a 30€
             - Desconto de 10€ para compras iguais oiu superiores a 30€ e inferiores a 50€
             - Desconto de 15€ en comprasa iguais ou superiores a 50€

Prevese que a participación, igual que sucedera en edicións anteriores, sexa un éxito tanto desde os establecementos participantes como por parte dos usuarios e, desta maneira, propiciar o fortalecemento do sector comercial retallista da Comunidade Autónoma, dinamizar a actividade comercial promovendo a compra de bens en comercios e paliar así o efecto negativo derivado da actual situación inflacionista.