APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Programa "coñecendo e difun...

Programa "Coñecendo e Difundindo o Cooperativismo". Actividades en Pontevedra.

O Programa para o fomento do cooperativismo e a economía social enmárcase no programa de actuación 2014 da Rede Eusumo.

A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar para o fomento do cooperativismo e a economía social.

O desarrollo deste programa consiste en realizar unha combinación de actividades teóricas e prácticas para dar a coñecer o funcionamento das Cooperativas e das empresas de economía social aos asistentes.

No marco deste programa, APE Galicia realizará o día 17 de Outubro na cidade de Pontevedra a xornada "Coñecendo e difundindo o Cooperativismo", dirixida ó persoal técnico das asociacións vinculadas a APE Galicia e a desempregados e futuros emprendedores.

De esta maneira podremos dar unha información que se vai divulgar entre as asociacións empresariais galegas e vai chegar de forma indirecta aos autónomos, empresarios e emprendedores, logrando así unha maior difusión do cooperativismo e da economía social.

O fin é proporcionar aos técnicos das asociacións un coñecemento integral do cooperativismo e da economía social, para que poidan realizar dende as súas asociacións os asesoramentos nesta materia e dar impulso a proxectos empresariais deste tipo da mellor maneira posible.


Outro dos obxetivos é que os empresarios poidan coñecer as vantaxes que ofrece o cooperativismo e a economía social e as poidan aplicar o funcionamento dos seus negocios así como fomentar as sinerxias entre distintas actividades económicas para favorecer o dinamismo empresarial.

En Pontevedra levaránse a cabo dúas actividades, unha xornada informativa na aula de formación de APE Galicia na Rúa dos Ferreiros n º 4 Baixo en Pontevedra, e posteriormente dúas visitas guiadas a cooperativas da provincia seguidas dun menú degustación de productos cooperativos.

A xornada comenzará ás 9:30 o venres 17 de outubro e contará coa ponente Dª. M ªJesús Pérez Piñeiro, experta en cooperativismo e empresas de economía social que explicará aos asistentes o funcionamento destas fórmulas empresariais, a súa normativa e as vantaxes que ten para os emprendedores optar por constituirse en empresas de economía social.

A continuación contaremos coa presencia de D. Xoan Miguel Concheiro Abal, Subdirector Xeral de Cooperativas e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia presentará a Rede Eusumo e informará das diversas líneas de axuda existentes para cooperativas e empresas de economía social. 

Tamén no marco deste Programa se realizarán dúa visitas a cooperativas da provincia co fin de coñecer desde dentro o funcionamento das entidades de economía social e percibir in situ os valores de axuda mutua, xestión democrática, igualdade, equidade e responsabilidade que caracterizan o mundo cooperativo.

A primera visita será a Cooperativa Vitivinícola Arousana (Bodega e Viñedos Paco & Lola) en Meaño. 

A siguiente visita formativa será a Horsal, Sociedade Cooperativa Galega, en Cambados, dedicada a producción, envasado e distribución de productos hortofrutícolas. 

Finalmente os asistentes poderán disfrutar dun menú degustación de productos cooperativos no Restaurante A Lonja Vella en Marín.


  • Cartel_pontevedra
  • Menu_cooperativo_marin
  • Eusumo