APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Ape galicia asina un conven...

Whatsapp_image_2023_02_01_at_15_31_27

APE Galicia asina un convenio de colaboración con Executivas de Galicia

• APE ofrecerá charlas explicativas en materia de xubilación para autónomas
• APE Galicia traballará conxuntamente con Executivas de Galicia para dar visibilidade ao papel da muller empresaria e directiva.

Pontevedra, 3/02/2023

APE, (Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia) e Executivas de Galicia asinaron un convenio de colaboración que permitirá ás socias acceder aos servizos de asesoramento e os numerosos cursos de formación que imparte APE.
O acordo foi asinado pola presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky e o presidente de APE, José Ramón Caldas, na sede que APE ten en Pontevedra. 

 O acordo asínase, segundo afirmou Carla Reyes Uschinsky, nun momento onde tanto os autónomos como as pequenas empresas necesitan información rigorosa sobre as novas normativas que entran en vigor”, un exemplo é as novas regras para establecer as bases de cotización dos autónomos.
Pola súa banda, José Ramón Caldas destacou o importante que é para APE Galicia traballar conxuntamente con Executivas de Galicia para dar visibilidade ao papel das mulleres empresarias e directivas, ademais de servir para axuntar forzas e coñecementos e seguir traballado para promover a igualdade de xénero nas empresas, a conciliación e o apoio á muller na incorporación ao mercado laboral.

Para APE Galicia resulta moi interesante contar coa presenza desta entidade entre os seus asociados, xa que máis do 40% do colectivo autónomo galego son mulleres. Este acordo permitirá profundar en cuestións relativas ao autoemprego e emprendemento feminino, e intercambiar información técnica, imprescindible para colaborar coa administración nos programas que se desenvolven dirixidos ao colectivo que APE Galicia representa.