APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » A xunta de galicia pon en m...

A Xunta de Galicia pon en marcha unha liña de axudas para a formación no sector pesqueiro

A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para accións formativas, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro (código de procedemento PE610A).

O importe máximo das subvencións que se concedan no ano 2022 será de 707.000 euros repartidos en dúas anualidades, correspondéndolle 257.000,00 euros á anualidade 2022 e 450.000,00 euros á anualidade 2023.


A quen vai dirixido?

Poderán ser beneficiarias destas axudas as confrarías de pescadores e as súas federacións, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que desenvolvan as súas actividades profesionais no sector pesqueiro e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Proxectos subvencionables

Poderán ser obxecto de subvención os proxectos e accións formativas que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á formación profesional, adquisición de novas competencias profesionais e formación permanente do sector pesqueiro. As accións formativas que poden ser obxecto de subvención d son:

·         Cursos de formación específica marítima e náutico-pesqueira para o sector, dirixidos a pescadores/as profesionais ou ben a cónxuxes ou parellas de feito recoñecidas, así como a pescadores/as autónomos/as.

·         Cursos de mariñeiro/a pescador/a, dirixidos a todo tipo de persoas que se estean preparando para acceder ao sector.

·         Accións de formación para a adquisición ou mellora de competencias dixitais, dirixidas a pescadores/as profesionais ou ben a cónxuxes ou parellas de feito, así como a pescadores/as autónomos/as.

·         Accións de formación orientadas á adquisición ou mellora de competencias vinculadas á innovación, xestión empresarial, emprendemento, comercialización e seguridade alimentaria, dentro das actividades económicas do sector, dirixidas a pescadores/as profesionais ou ben a cónxuxes ou parellas de feito recoñecidas, así como a pescadores/as autónomos/as.

·         Accións de formación orientadas á adquisición ou mellora de competencias vinculadas á xestión sostible dos recursos e ecosistemas mariños, dirixidas a pescadores/as profesionais ou ben a cónxuxes ou parellas de feito recoñecidas , así como a pescadores/as autónomos/as.

·         Accións de formación orientadas á adquisición ou mellora de competencias profesionais do sector en seguridade e hixiene no traballo, prevención de riscos laborais, enfermidades profesionais e trastornos músculo-esqueléticos, xestión da produción, reprodución e xenética, nutrición, patoloxía e xestión sanitaria, lexislación e xestión ambiental e comercialización, dirixidas a pescadores/as profesionais ou ben a cónxuxes ou parellas de feito recoñecidas, así como a pescadores/as autónomos/as.

·         Accións formativas orientadas a promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, promover o papel da muller nas comunidades de pescadores/as e promover os grupos infrarrepresentados que participan na pesca costeira artesanal e no marisqueo, dirixidas a pescadores/as profesionais ou ben a cónxuxes ou parellas de feito recoñecidas, así como a pescadores/as autónomos/as.

·         Accións de transferencia tecnolóxica, seminarios, xornadas ou obradoiros en materia de pesca e marisqueo, dirixidas a pescadores/as profesionais ou ben a cónxuxes ou parellas de feito recoñecidas, así como a pescadores/as autónomos/as.


Contía das axudas

Para os cursos de de formación específica marítima e náutico-pesqueira para o sector as axudas irán dende os 1.600 aos 17.500 euros dependendo do curso. No caso dos cursos de mariñeiro/a pescador/a o máximo subvencionable será de 3.500 euros. Para o resto dos cursos o máximo subvencionable será de 20 € por alumno/a e hora de duración do curso ou acción formativa ou de transferencia, excepto os cursos de competencias dixitais, en que o importe máximo subvencionable será de 25 € por alumno/a e hora de duración do curso.

 Para todos os cursos o número mínimo de alumnos será de 10 e o máximo de 20.


Solicitude e prazo

As solicitudes ao programa presentaranse a través da sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal) e o prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

  • Copia_de_axudas_xunta