APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » A xunta de galicia pon en m...

A Xunta de Galicia pon en marcha subvencións para a dotación de equipamentos e activos para a industria cultural e creativa galega

A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á dotación de equipamentos e activos que fomenten a innovación e a competitividade da industria cultural e creativa galega ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e procede á súa convocatoria para o ano 2022.

As axudas obxecto desta resolución financiaranse cun crédito total de 1.300.000 euros coa seguinte distribución: 650.000 euros para 2022 e 650.000 euros para 2023. Destacar que estas subvencións terán carácter plurianual e admitiranse aqueles gastos que fosen realizados e pagados entre o 1 de xaneiro de 2022 e o 31 de marzo de 2023. O período subvencionable, polo tanto, abrangue o período comprendido nestas datas.


A quen vai dirixido?

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas (autónomos) e as empresas privadas calquera que sexa a forma xurídica que adopten, con sucursal, ou oficina permanente, de polo menos un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea. Estas entidades deberán desenvolver a súa actividade principal de xeito habitual en Galicia e nalgunha das epígrafes da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE 2009) que se mencionan a continuación:

·         1820: Reprodución de soportes gravados.

·         5811: Edición de libros.

·         5821: Edición de videoxogos.

·         5912: Actividades de posprodución cinematográfica, vídeo e programas TV.

·         5915: Actividades de produción cinematográfica, vídeo e programas TV.

·         5916: Actividades de producións de programas de televisión.

·         5917: Actividades de distribución cinematográfica e vídeo.

·         5918: Actividades de distribución de programas de televisión.

·         5920: Actividades de gravación de son e edición musical.

·         6020: Actividades de programación e emisión de televisión.

·         7420: Actividades de fotografía.

·         7739: Alugueiro doutra maquinaria, equipamentos e bens tanxibles.

·         9001: Artes escénicas.

·         9002: Actividades auxiliares ás artes escénicas.

·         9003: Creación artística e literaria.

 

Contía das axudas

Os proxectos obxecto da subvención poderán acadar unha intensidade e unha contía máxima de axuda por solicitude en función do custo total do proxecto, da forma que segue:

Os proxectos de investimento obxecto de subvención deberán ter importe total mínimo de 25.000 euros (sen IVE).

1. O importe máximo da axuda será de 100.000 euros, impostos recuperables excluídos.

2. A intensidade máxima da axuda que perciban as persoas beneficiarias é do 80 % do gasto subvencionable.

 

Solicitude e prazo

As solicitudes ao programa presentaranse a través da sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal) e o prazo de presentación será de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.