APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Protección de datos de cará...

Protección de datos de carácter persoal nas empresas

a. Qué é a Axencia Española de Protección de Datos?

É a autoridade de control independente que vela polo cumprimiento da normativa sobre protección de datos e garante e tutela o dereito fundamental á protección de datos de carácter persoal.
  • Informa sobre o contido, principios e garantías do dereito fundamental á protección de datos regulada pola Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (Ley 15/99 do 13 de Decembro).
  • Garante o dereito á protección de datos investigando aquelas actuacións dos responsables ou encargados de ficheiros que poidan ser contrarias ós principios e garantías contidos na LOPD.
b. Que son os datos de Carácter Personal:

Considérase dato de carácter personal calquera información relativa a persoas físicas identificadas ou identificables (nome, apelidos, dirección, número de teléfono, matrícula do vehículo, correo electrónico, fotografía …)Están excluidos os datos de:
  • Falecidos
  • Persoas xurídicas
  • Contactos das empresas, sempre que os datos recollidos sean únicamente os seguintes: (Nome, Cargo que ocupa na empresa, Dirección, teléfono, fax e e-mail do traballo)
  • Empresarios individuais
c. Obligacións relacionadas co tratamento de datos de carácter persoal:

Ó constituirse unha empresa e tratar datos de carácter persoal dos clientes, proveedores e/ou empregados, esta empresa será a responsable dos ficheiros ós efectos previstos na Lei.

Polo tanto, a empresa ten a obriga de:

Informar ós afectados: Calquera persoa ten dereito a saber se os seus datos persoais van a ser incluidos nun ficheiro, e o fin que se lles vai dar.Este dereito de información é esencial porque condiciona o exercicio de outros dereitos tales coma acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Pedir o seu consentemento para a inclusión dos seus datos de carácter persoal nun ficheiro.
Calidade e proporcionalidade dos datos: A Lei esixe que os datos sexan axeitados á finalidade que motiva a recollida.Atención ós dereitos dos cidadáns: É competencia da Axencia Española de Protección de Datos a tutela destes dereitos.

Así, queda aberta a posibilidade de que o titular dos datos obteña dita tutela formulando unha reclamación (dereito de acceso, rectificación, cancelación, e oposición)
Deber de gardar segredo: Esíxese a quen interveña en calquera fase do tratamento dos datos a gardar segredo profesional sobre os datos, incluso despois de finalizar a súa relación co responsable do ficheiro.Adopción de medidas de seguridade: Tres niveis de seguridade segundo a natureza da información tratada:
  • Nivel alto: datos de ideoloxía, relixión, crenzas, saúde...
  • Nivel medio: datos relativos á comisión de infraccións administrativas ou penais, Facenda pública, servizos financeiros....
  • Nivel básico: outros datos de carácter persoal.
d. Cómo notifico os ficheiros á AEPD?

Os datos de carácter persoal, organizados en ficheiros, débense notificar e inscribir no Rexistro Xeral de Datos, que é o órgano ó que corresponde velar pola publicidade da existencia destes ficheiros, en orde a garantir os dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación.O acceso ó rexistro é público e gratuíto.O sistema máis sinxelo é o mediante a Notificación Telemática á AEPD, que se pode atopar na páxina web da Axencia de Protección de datos.