APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Ao redor de 200 persoas asi...

Ourense

Ao redor de 200 persoas asisten ao ciclo de xornadas “Hai futuro! novas oportunidades para a empresa rural” celebrado en distintos puntos de Galicia

O ciclo de xornadas inspiradoras “Hai futuro! Novas oportunidades para a empresa rural” para potenciar os negocios nesta contorna chegou a súa fin con ao redor de 200 participantes en total nas sete charlas realizadas. O programa, organizado por APE Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia e IGAPE, pasou por Ourense, Monforte de Lemos, Fene, Boiro, Mondoñedo, Caldas de Reis e Tui durante os meses de maio e xuño.

As sete xornadas estiveron conducidas polo director de Galicia Business School, Eduardo García Erquiaga, que analizou a situación das persoas traballadoras autónomas das zonas rurais e afondou nas técnicas para mellorar o seu desenvolvemento profesional e avanzar nos seus proxectos. O director de Galicia Business School foi o encargado de explicar minuciosamente cales son as fortalezas do rural, as novas oportunidades que existen na contorna rural e as técnicas para efectuar unha dixitalización efectiva.

Máis polo miúdo, o obxectivo deste ciclo de xornadas formativas foi inspirar ás persoas autónomas das zonas rurais, animar a emprender, consolidar e repensar o negocio no rural, destacar as fortalezas que ten a empresa nesta zona, e detectar novas oportunidades que chegan da man dos cambios tecnolóxicos e dos cambios nos valores dos clientes. Ademais, esta iniciativa ofreceu información sobre o emprendemento, a mellora no desenvolvemento profesional, a consolidación dos proxectos e a reinvención dos negocios.

  • Ourense
  • Tui2
  • Ourense2_jpg
  • Tui
  • Monforte_de_lemos2
  • Monforte_de_lemos
  • Mondonedo2
  • Mondonedo
  • Fene
  • Caldas_de_reis
  • Caldas_de_reis_2
  • Boiro2
  • Boiro