APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » A xunta de galicia ten aber...

9fd820b6_b1e3_9b06_ee4c_581a052e1ce8

A XUNTA DE GALICIA TEN ABERTO O PROCESO DE SELECCIÓN DO PROGRAMA GRATUITO "RESPONSABILÍZATE"

Fases do programa
Servizos a que optarán as empresas beneficiarias do Programa RESPONSABILÍZATE:
. Análise do estado, potencial competitivo e situación da responsabilidade social empresarial (RSE). Trátase de avaliar o estado inicial da empresa exercendo un estudo completo nos diferentes ámbitos da empresa.
. Asesoramento e formación. As pemes participantes recibirán un módulo formativo para afondar no coñecemento e nas ferramentas da RSE. Asemade, as empresas recibirán un asesoramento individualizado para a construción dun plan de acción RSE.
. Plan de acción, implantación e seguimento das accións de RSE: a partir do informe de resultados da diagnose e da formación impartida, definirase a metodoloxía para a elaboración dun plan de acción individualizado para a implantación dun mínimo do 20 % das accións previstas no Plan de acción en RSE.

Benificiarios/as
Poderán ser beneficiarias do programa Responsabilízate as pequenas e medianas empresas (pemes), así como as persoas traballadoras autónomas, que teñan radicado o seu domicilio social ou que conten con algún centro de traballo en Galicia.

Requisitos
  • Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.
  • Non superar os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou ter un balance anual inferior a 43 millóns de euros.
  • Non ser entidades sen ánimo de lucro.
Prazo de presentación

Aberto todo o ano

1. O prazo estará aberto desde o día seguinte ao da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia e ata que se acade o número de prazas máximo segundo a dispoñibilidade orzamentaria, que virá determinada pola contía de adxudicación do contrato de servizos do programa Responsabilizate.
2. Unha vez cuberto o número de prazas máximo, pecharase a inscrición, o que será comunicado a través da páxina web https://rse.xunta.gal e da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (PROCEDEMENTO TR320B - Participación no programa Responsabilízate https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR320B)

Se necesita máis información, poden contactar coa Oficina Técnica do Programa RESPONSABILÍZATE no teléfono 674241281


  • 9fd820b6_b1e3_9b06_ee4c_581a052e1ce8
  • Programa_responsabilizate