APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » A sede de ape galicia acoll...

Xornada_axudas_para_a_transf_dixital_e_modernizacion_comercio_e_artesania_co300c

A sede de APE Galicia acolle o 25 de maio a presentación das axudas para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal

O vindeiro mércores, 25 de maio, a sede de APE Galicia acollerá a presentación das axudas para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal, da man de Manuel Heredia Pérez, director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia. O evento terá lugar ás 10 horas na rúa Gagos de Mendoza, 2, baixo (Pontevedra).

Durante a xornada, Manuel Heredia explicará polo miúdo a finalidade destas axudas dirixidas a pemes comerciais e obradoiros artesáns, ao tempo que resolverá as dúbidas as e aos participantes no evento. A recente crise sanitaria da COVID-19 e o crecemento do mundo tecnolóxico fan cada vez máis imprescindible a implantación e impulso da estratexia dixital nas pequenas e medianas empresas e, neste caso concreto, do sector comercial e artesanal. Deste xeito, o obxectivo destas subvencións é apoiar, dar impulso e modernizar ao sector comercial galego para que poida aproveitar as oportunidades tecnolóxicas que existen na actualidade, mellorando desta maneira a conexión co cliente.  

As persoas interesadas en participar e coñecer máis de preto as características destas axudas xa poden inscribirse a través de www.apegalicia.gal.