APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Plan galicia emprega: incen...

Plan_galicia_emprega_2022_incentivos_a_contratacion_por_conta_allea_e_a_formacion

Plan Galicia Emprega: Incentivos á contratación por conta allea e á formación - 2022

A convocatoria conta cun orzamento de preto 13.000.00 euros, o que supón 800.000 euros máis que en 2021, para a para a contratación por conta allea. Galicia  Emprega tamén incorpora unha liña de incentivos ás accións formativas nos centros de traballo, que é opcional. Estes apoios están dirixidos a ofrecer formación ás persoas que se contraten a través das axudas no caso de que a empresa estea interesada en levar a cabo cursos cos que se poidan mellorar os coñecementos e habilidades das e os traballadores.

Galicia  Emprega, así mesmo, inclúe o programa de emprego con apoio, para contratar a preparadoras e preparadores laborais especializados que leven a cabo actividades de orientación e acompañamento individualizado aos traballadores e traballadoras con discapacidade ou en risco de exclusión social.

As persoas traballadoras autónoma, empresas e entidades sen ánimo de lucro dispoñerán ata o 30 de setembro para solicitar os apoios.

Estes apoios á contratación oscilarán entre os 2.000 aos 36.000 euros, segundo o tipo de contrato, e poderán incrementarse nun 25% en empresas radicadas en concellos rurais, e na inserción de persoas maiores de 45 anos ou emigrantes retornadas, entre outras.

En canto aos incentivos á formación, irán dos 2.000 aos 4.000 euros, segundo o tipo do contrato e as horas de formación que se impartan.

Emprego con apoio

Con respecto ás axudas do programa emprego con apoio, o Goberno galego sufraga parte dos custos laborais, 8.500 euros anuais como máximo, dos apoios ou acompañamento a persoas con parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual e mesmo con discapacidade física ou sensorial, discapacidade  auditiva ou persoas en situación ou en risco de exclusión social.

Neste caso trátase de asegurar que estas persoas dispoñen da orientación, asesoramento e acompañamento adecuado no desenvolvemento de habilidades sociais e laborais. Contribúese tamén a fomentar o adestramento específico no posto para desenvolver, a avaliación da inserción e de guiar á empresa sobre as necesidades de adaptación do posto.

O programa de emprego con apoio inclúe, ademais, apoios aos desprazamentos dos preparadores laborais das entidades que subscriban convenios de colaboración cun máximo de 2.500 euros de axuda por preparador ou preparadora.

As contías das axudas ao emprego con apoio poderán alcanzar como máximo os 19.125 euros, aumentando ata os 2.500 euros coa axuda para o desprazamento.

O programa Galicia  Emprega 2022 forma parte dos plans  Emprega  Xuventude,  Muller e  Discapacidade-Exclusión Social, que supoñerán unha contía global superior aos 132 M€.

Con este programa a Xunta pretende favorecer o incremento das oportunidades laborais e a redución do desemprego. 

Poden ampliar esta información en:  oficinadoautonomo. gal ou ben contactando connosco no 986 891 657 ou enviando un email a info@apegalicia.es

  • Plan_galicia_emprega_2022_incentivos_a_contratacion_por_conta_allea_e_a_formacion