APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Axudas para crear empresas ...

Ig501a_axudas_creacion_empresas_rural

Axudas para crear empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais

🔷PERSOAS BENIFICIARIAS

✔️Titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria.

✔️Persoas traballadoras autónomas,  microempresas e pequenas empresas de nova creación.

 

🔷IMPORTE DA SUBVENCIÓN E CONDICIÓNS

Ata 45.000 €.

Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:

✔️Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.

✔️Os gastos e/ou investimentos incluídos no plan de negocio que deberá presentar o solicitante terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.

✔️Será obrigatoria a creación dun mínimo de un emprego, ben sexa por conta propia ou indefinido por conta allea.

 

🔷ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES

✔️Talleres e fábricas destinados á produción de bens e materiais.

✔️Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios.

✔️Prestación de servizos a empresas en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos, …).

✔️Actividades de lecer, recreativas e deportivas.

✔️Actividades nos sectores da enxeñería, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.

✔️No sector da hostalería, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais singulares (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) que fagan uso do produto de proximidade.

Entre outros.

🔷PRAZO DE PRESENTACIÓN

04/01/2022 - 08/03/2022

🔷COMO PODO SOLICITALA?

A solicitude será presentada obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo o seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IG501A

👉Para más información podes consultar a Resolución publicada no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220103/AnuncioO92-201221-0004_gl.html

  • Ig501a_axudas_creacion_empresas_rural