APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Axudas para a promoción e c...

Copia_de_bono_autonomo_2022

Axudas para a promoción e consolidación do emprego autónomo

TR341D - Programa I. Promoción do emprego autónomo

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.

Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022, ambos inclusive.


Persoas beneficiarias e requisitos

1. Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2021 e o 30 de setembro de 2022, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, sempre que cumpran as seguintes condicións:

a) Estar inscrito como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, carecendo de ocupación efectiva segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade laboral.

b) Ter iniciada a actividade segundo definición do artigo 6.3 con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.

c) Desenvolver fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037).

d) Ter o domicilio fiscal en Galicia.

e) Non ter percibido subvencións ao abeiro dos distintos programas de emprego autónomo nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade. Este prazo computarase desde a data de notificación da resolución de concesión da anterior subvención.

f) Non ter desenvolvido como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia ao nivel de 3 díxitos da clasificación nacional de actividades económicas (CNAE). Este requisito non se aplicará cando a actividade desenvolvida fose realizada por persoas autónomas colaboradoras.

2. As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.

3. Quedan excluídas deste programa as persoas socias de sociedades mercantís, sociedades laborais e os autónomos colaboradores.

4. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias as persoas solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46.bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

5. A xustificación por parte das persoas solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 4 e 5 anteriores para obter a condición de persoa beneficiaria realizarase mediante declaración responsable, a excepción do recollido no punto 4.e), que se xustificará de conformidade co disposto no artigo 14.1.

6. As administración laborais competentes nos seus respectivos ámbitos de xestión garantirán o pleno cumprimento do principio de «non causar dano significativo» (principio «do not significant harm-DNSH») e a etiquetaxe verde e dixital, de acordo co previsto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, aprobado polo Consello de Ministros o 27 de abril de 2021 e no Regulamento (UE) número 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o mecanismo de recuperación e resiliencia, en todas as fases do deseño e execución dos proxectos.


Contía da subvención

Co obxecto de axudar ás persoas desempregadas ao inicio e ao mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma e deste xeito facilitarlles ingresos durante o inicio da súa actividade laboral, establécese para todas aquelas persoas que teñan a condición de beneficiarias de acordo co establecido no artigo 5, segundo a súa situación no momento de inicio da actividade laboral, unha subvención segundo o método de custos simplificados asociado á operación coas seguintes contías:

a) 2.000 € para persoas desempregadas en xeral.

b) 4.000 € para o caso de persoas desempregadas que se atopen nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:

– Persoas menores de 30 anos.

– Persoas desempregadas de longa duración.

– Persoas desempregadas con discapacidade.

– Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.

A contía base correspondente incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:

a) Se a persoa incorporada é unha muller.

b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.

c) Persoas maiores de 45 anos.

d) Se a persoa incorporada é unha persoa emigrante retornada.

e) Persoas trans.

f) Profesións e oficios nos que a muller estea subrepresentada, segundo informe do Instituto Galego das Cualificacións que se reflicte na lista que figura no anexo III.

Estes seis incrementos son acumulables e deste xeito a contía máxima posible, de aplicárense todos os incrementos, sería de 10.000 euros.

Aplicarase a subvención polo colectivo e os incrementos indicados pola persoa solicitante, en caso de non exercer a opción, entenderase solicitada pola contía superior que quede acreditada coa documentación achegada coa solicitude. Se non queda acreditada a pertenza a ningún colectivo, entenderase que solicita pola contía base mínima.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2022.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341D&ano=2022&numpub=1&lang=gl
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211230/AnuncioG0599-281221-0002_gl.html


TR341Q - Bono das persoas autónomas

Ten como finalidade mellorar a competitividade da actividade empresarial ou profesional dos/ as autónomos/ as. Poderán ser beneficiarios destas axudas:

Persoas beneficiarias e requisitos


As persoas traballadoras autónomas que:
  • Teñan o seu domicilio fiscal en Galicia.
  • Teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida superior a 3 anos e medio.
  • Teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na última declaración do IRPF anual inferior a 30.000€.
  • Teñan unha facturación mínima de 12.000€ (IVE incluído), declarados no ano 2020.
As sociedades de calquera clase e comunidades de bens que:
  • Teñan unha persoa autónoma  societaria cunha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida superior a 3 anos e medio.
  • Teñan unha base impoñible no imposto de sociedades da última declaración realizada inferior a 30.000€. No caso de entidades que tributen no réxime de tributación de rendas, este importe de 30.000€ referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF.
  • Teñan unha facturación mínima de 12.000€ (IVE incluído), declarados no ano 2020.
Nota: Non poderán ser beneficiarios da axuda as persoas ou sociedades que xa se beneficiaron da mesma na convocatoria anterior e os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou  mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea.


Actuacións subvencionables (realizadas entre o 01/01/2021 e o 31/12/2021)

  • Liña 1: Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos:
Plan estratéxico do negocio.
Plan de reorientación do negocio.
Plan de  refinanciamiento.
Plan de márketing.
Plan de eficiencia enerxética
Plan de biodiversidade
Plan de comunicación do negocio
Plan de transformación dixital
Outros estudos e plans que teñan como fin aumentar a competitividade da empresa.

Tamén se considerará gasto subvencionable o pago do importe do cofinanciamento privado dos servizos contratados co Igape a través do Programa Reacciona.

  • Liña 2: Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:
Compra de maquinaria.
Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética
Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos
Compra de útiles e ferramentas.
Reforma do local do negocio (exclúese se é o domicilio habitual do autónomo/a agás se queda acreditado que é imprescindible): pequenas obras de simple reparación e decoración.
Equipos informáticos: computadores de sobremesa, portátiles, tabletas, escáneres e similares
Rótulos.
Aplicacións informáticas, páxinas web,  apps e redes sociais
Deseño de marca

Contía da subvención
Axuda do 80% do gasto/investimento subvencionable cun límite máximo de 3.000€ de axuda.

Prazo de presentación de solicitudes
Ata o 14/01/2022 ata 14/0/2022

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211230/AnuncioG0599-291221-0003_gl.html
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341Q
  • Copia_de_bono_autonomo_2022