APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Novo plan de hostalarÍa segura

NOVO PLAN DE HOSTALARÍA SEGURA

4.     NIVEIS DOS ESTABLECEMENTOS

Establécense os seguintes niveis en función das boas prácticas levadas a cabo nos establecementos e da aplicación de medidas sanitarias adicionais que fomenten espazos máis seguros e que ofrezan todas as garantías posibles.

   4.1.     Nivel 1c (1 cunchiña)      

Este nivel será o nivel de obrigado cumprimento aplicable por defecto para todos os establecementos, independentemente do nivel de restrición do concello no que se atope e salvo nos supostos en que se decida pola autoridade competente a aplicación do nivel de seguridade.

 Aforo permitido

No interior dos establecementos, permitirase o 50% da capacidade máxima en condicións normais.

Nas terrazas dos establecementos, permitirase o 75% da capacidade máxima en condicións normais.

 Horario

O horario límite de peche ao público será as 01:00 horas.

 

Sinalización

Deberán utilizarse os modelos de cartel correspondentes a este nivel postos á disposición para a súa impresión na páxina web https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Hostalaria-segura ou na plataforma de Turespazo (https://turespazo.turismo.gal).

 

Medidas a cumprir

Os responsables dos establecementos comprométense a aplicar as medidas comúns recollidas no apartado 3 do presente plan e as seguintes medidas adicionais:

•      Ter elaborado un Plan de Continxencia pola COVID-19 que recolla todas as medidas hixiénico-sanitarias a aplicar e que sexa coñecido por todo o perso- al. Este plan debe estar a disposición da Autoridade Sanitaria.

•     Distancia de seguridade: asegurar unha distancia de 1,5 metros entre mesas e agrupación de mesas.

•     Aseos: deberá sinalizarse o seu aforo e a súa limpeza e desinfección mínima será de dúas veces ao día.

•    Calidade do aire interior. Deberán adoptarse as seguintes medidas:

◦    Avaliación non continua: dispor de dispositivos medidores de CO2, con marcación CE e con pantalla visible para os usuarios. Realizar e rexistrar as medicións alomenos cada 4 horas como máximo e nos momentos de máxima afluencia. Non se deberán superar no interior as 800 ppm de concentración de CO2..

◦    Reforzar a ventilación dos espazos interiores. Recoméndase a ventilación natural de forma permanente (se non é posible, deberán realizarse tare- fas de ventilación de forma frecuente). No caso da utilización de sistemas de ventilación forzada, deberá aumentarse a subministración de aire lim- po e limitarase ao mínimo indispensable a función de recirculación do aire interior.

 ◦    No caso ter sistema de ventilación/climatización, deberá acreditar a cer- tificación do seu mantemento periódico e da última revisión por profe- sional autorizado.

◦    Co fin de manter unha boa calidade de aire interior e cumprir cos límites de ppm establecidos no presente plan recoméndase aplicar as medidas da Guía para as boas prácticas de ventilación na hostalaría no contexto da COVID-19. Dita guía atópase dispoñible no seguinte enderezo electrónico:

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/813/GUIA_VENTILAC ION_HOSTALARIA.pdf

En materia do persoal traballador, deberán adoptarse as seguintes medidas:

◦   Dotación de máscara obrigatoria cirúrxica e cambio cada 4 horas

◦   Asegurar a formación do persoal traballador segundo os contidos marca- dos pola Dirección Xeral de Saúde Pública sobre medidas hixiénicas e de seguridade na hostalaría no contexto da COVID-19. Poderanse establecer protocolos de colaboración entre as asociacións do sector e a Dirección Xeral de Saúde Pública co fin de coordinar esta formación (formación básica de 2 horas).

◦   Deberá contarse con roupa de traballo específica.


Medidas de protección colectiva, deberán adoptarse as seguintes medidas:

◦  Os establecementos deberán contar con hidroxel en varios puntos do local ademais da entrada e aseos.

◦   Os establecementos deberán ter itinerarios de circulación diferenciados. 

◦   Control da máscara obrigatoria para clientes.


Medidas complementarias

◦  No caso de dispoñer de mecanismos de pago electrónico, como o pago por tarxeta, ofrecelo como sistema fronte ao uso de diñeiro en efectivo.

◦   No caso de ter carta material, esta deberá permitir a súa desinfección.

◦   Deberase empregar manteis dun só uso. Non obstante, poderán empregarse manteis desbotables ou de tela sempre que se cambien entre cliente e cliente tras o seu lavado e desinfección.

◦   Produtos autoservizo de uso individual. Deben adoptarse medidas para o uso de produtos de autoservizo como servilleteiros, palilleiros, vinagrei- ras, aceiteiras, etcétera, evitando o uso sucesivo entre clientes sen desinfección previa, ofrecendo o servizo por parte do persoal baixo petición do cliente ou priorizando monodoses desbotables.

 

Declaración responsable

No momento de obter o cartel sinalizador a través da web correspondente, os titulares dos establecementos deberán realizar unha declaración responsable sobre a veracidade dos datos que se acheguen para a xeración do cartel, así como o compromiso de cumprimento das medidas recollidas neste nivel.

  

4.2.    Nivel 2c (2 cunchiñas)

 

Este nivel será aplicable no caso de que os establecementos de hostalaría se com- prometan a aplicar medidas adicionais recollidas a continuación para garantir unha maior seguridade no marco da pandemia, co fin de protexer a saúde do seu persoal traballador e da clientela. 

 

Aforo permitido

No interior dos establecementos, permitirase o 75% da capacidade máxima en condicións normais.

Nas terrazas dos establecementos, permitirase o 100% da capacidade máxima en condicións normais.

Permitirase o consumo en barra, de maneira individual ou cun máximo de 2 conviventes ou integrantes dunha mesma burbulla, mantendo a distancia interpersoal de 1,5 metros con outros usuarios. Recoméndase que os clientes na barra manteñan a máscara correctamente colocada nos momentos nos que non se poida garantir a distancia interpersoal co persoal traballador. Na barra non se poderán compatibilizar distintos usos polo que haberá que diferenciar a zona destinada a clientes e a zona de barra destinada ao persoal.

Horario

O horario límite de peche ao público será as 01:00 h.

 Sinalización

Deberán utilizarse os modelos de cartel correspondentes a este nivel postos á dis- posición para a súa impresión na páxina web https://coronavirus.sergas.es/Conti- dos/Hostalaria-segura ou na plataforma de Turespazo (https://turespazo.turismo.gal). 

Medidas a cumprir

Os responsables dos establecementos comprométense a aplicar as medidas comúns recollidas no apartado 3 e as seguintes medidas adicionais:

•      Ter elaborado un Plan de Continxencia pola COVID-19 que recolla todas as medidas hixiénico-sanitarias a aplicar e que sexa coñecido por todo o perso- al. Este plan debe estar a disposición da Autoridade Sanitaria.

•     Distancia de seguridade: asegurar unha distancia de 1,5 metros entre os clientes dunha mesa e da contigua.

 •    Aseos: deberá sinalizarse o seu aforo e a súa limpeza e desinfección mínima será de dúas veces ao día.

•    Calidade do aire interior, deberán adoptarse as seguintes medidas:

◦    Avaliación continua: dispor de dispositivos medidores de CO2 en continuo, con marcación CE e con pantalla visible para os usuarios. Non se deberán superar no interior as 800 ppm de concentración de CO2.. Recoméndase o uso de actuadores automáticos, no caso de sistemas de ventilación forzada, para a regulación do aporte de aire no caso de superar os 800 ppm.

 ◦    Reforzar a ventilación dos espazos interiores. Recoméndase a ventilación natural de forma permanente (se non é posible, deberán realizarse tare- fas de ventilación de forma frecuente). No caso da utilización de sistemas de ventilación forzada, deberá aumentarse a subministración de aire lim- po e limitarase ao mínimo indispensable a función de recirculación do aire interior.

 ◦    No caso ter sistema de ventilación/climatización deberase acreditar a certificación do mantemento periódico e da última revisión por profesional autorizado.

◦    Co fin de manter unha boa calidade de aire interior e cumprir cos límites de ppm establecidos no presente plan recoméndase aplicar as medidas da Guía para as boas prácticas de ventilación na hostalaría no contexto da COVID-19. Dita guía atópase dispoñible no seguinte enderezo electrónico:

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/813/GUIA_VENTILAC ION_HOSTALARIA.pdf

 En materia do persoal traballador, deberán adoptarse as seguintes medidas:

◦    Dotación de máscara obrigatoria cirúrxica e cambio cada 4 horas. Dispoñer de máscaras FFP2 e ofertalas ao persoal traballador (cambio cada 8 horas).

◦   Asegurar a formación do persoal traballador segundo os contidos marcados pola Dirección Xeral de Saúde Pública sobre medidas hixiénicas e de seguridade na hostalaría no contexto da COVID-19. Poderanse establecer protocolos de colaboración entre as asociacións do sector e a Dirección Xeral de Saúde Pública co fin de coordinar esta formación (formación bá- sica de 4 horas).

◦   Deberá contarse con roupa de traballo específica.

◦   En particular, como medida específica de impulso da vixilancia de la saúde dos traballadores, deberá ofrecerse ao persoal traballador a realización de probas diagnósticas periódicas cada 15 días. A frecuencia será cada 7 días no caso de que o nivel de restrición aplicable ao concello sexa alto ou máximo. A realización destas probas será voluntaria para o per- soal traballador, polo que se realizará soamente cando as persoa traballadora preste o seu consentimento de acordo co establecido no artigo

22 da Lei de prevención de riscos laborais. A realización das probas poderá realizarse polos servizos de prevención da empresa, con aplicación do establecido polo artigo citado, ou ben, polos mecanismos que se habiliten ao efecto pola Consellería de Sanidade.

Medidas de protección colectiva, deberán adoptarse as seguintes medidas:

◦   Os establecementos deberán contar con hidroxel a disposición dos clientes en cada mesa ou agrupación de mesas

◦   Itinerarios de circulación diferenciados

◦   Control da máscara obrigatoria para clientes. Dispoñibilidade para dotar de máscara cirúrxica nova para os clientes no caso necesario.

•   Medidas complementarias, deberán adoptarse as seguintes medidas: 

◦  Deberá dispoñer de mecanismos de pago electrónico, como o pago por tarxeta, e priorizar este sistema fronte ao emprego de efectivo.

 ◦   Carta dixital, QR, pizarra

◦   Deberase empregar manteis dun só uso. Non obstante, poderanse empregar manteis desbotables ou de tela sempre que se cambien entre cliente e cliente tras o seu lavado e desinfección.

◦  Produtos monodose: empregaranse formatos dun só uso, en envases individuais, no caso de produtos como vinagre, aceite, salsas e condimentos, etcétera.

 •  Rexistro de clientes: No caso de comidas e cenas, co obxectivo de facilitar o seguimento de contactos ante casos positivos de COVID-19 deberase dis- poñer de mecanismos para o control dos asistentes (ben sexa mediante re- xistro manual ou ben dixital por medio de aplicacións móbiles). Deberase

contar polo menos coa información dun contacto por mesa que inclúa nome e apelidos, DNI e número de teléfono; a persoa responsable do establece- mento terá a obriga de custodialo durante polo menos un mes despois do evento, coa información do contacto dispoñible para as autoridades sanita- rias e cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.

•   Deberá fomentar o uso de ferramentas como PassCovid e RadarCovid, a tra- vés de cartelería o información dispoñible ao público.

 

Declaración responsable

No momento de obter o cartel sinalizador a través da web correspondente, os titulares dos establecementos deberán realizar unha declaración responsable sobre a veracidade dos datos que se acheguen para a xeración do cartel, así como o compromiso de cumprimento das medidas recollidas neste nivel.


4.3.      Nivel de seguridade

Este nivel só será de aplicación cando así o decidan as autoridades sanitarias en situacións extraordinarias pola gravidade da situación epidemiolóxica e a ocupación asistencial.

 Aforo permitido

No interior dos establecementos, permitirase o 30% da capacidade máxima en condicións normais.

Nas terrazas dos establecementos, permitirase o 50% da capacidade máxima en condicións normais.

 Horario

O horario de peche ao público será as 23:00 h.

 

Sinalización

Deberán utilizarse os modelos de cartel correspondente a este nivel postos á dis- posición para a súa impresión na páxina web https://coronavirus.sergas.es/Conti- dos/Hostalaria-segura ou na plataforma de Turespazo ((https://turespazo.turismo.gal). 

 

Medidas a cumprir

Os responsables dos establecementos comprométense a aplicar as medidas comúns recollidas anteriormente.

En especial, no caso da calidade do aire interior, non se deberán superar no interior as 800 ppm de concentración de CO2..

Co fin de manter unha boa calidade de aire interior recoméndase aplicar as medi- das da Guía para as boas prácticas de ventilación na hostalaría no contexto da COVID-19.

 

Declaración responsable

No momento de obter o cartel sinalizador a través da web correspondente, os titulares dos establecementos deberán realizar unha declaración responsable sobre a veracidade dos datos que se acheguen para a xeración do cartel, así como o compromiso de cumprimento das medidas recollidas neste nivel.



  • Restricions