APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Subvencións para a creación...

Biologia_infografica_verde_organico_fotosintesis_natural

Subvencións para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural

Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que non concorra ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007:

a) Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia situados en zonas rurais e cunha poboación inferior a 10.000 habitantes.

b) Federacións de asociacións de comerciantes, legalmente constituídas, de ámbito superior ao municipal.

c) Grupos de desenvolvemento rural (GDR) recoñecidos polo Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), do 16 de novembro de 2016, polo que se resolve a convocatoria sobre a selección de estratexias de desenvolvemento local e de grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia.

Actuacións subvencionables

1. A actuación subvencionable é a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural.

O investimento máximo subvencionable é de 60.000,00 € e a porcentaxe da subvención acadará o 80 % do dito investimento máximo subvencionable.

2. Considéranse gastos subvencionables:

a) O deseño e desenvolvemento do marketplace: a inclusión e xestión das tendas cos seus correspondentes usuarios, a inclusión e xestión de catálogos en liña, a xestión de stocks e pedidos, a adaptación móbil coa tecnoloxía responsive, o proxecto de posicionamento orgánico SEO, o dominio e o aloxamento web dentro da Unión Europea.

b) As campañas de márketing e publicidade: a xestión SEM/Adwords, a xestión do social media, a fotografía e descrición dos produtos e a creación de promocións e estratexias publicitarias e comerciais a través de medios e canles dixitais.

c) A xestión integral do marketplace: a comunicación cos clientes a través da multiexperiencia como chatboxs, asistentes virtuais ou redes sociais e a xestión dos pagamentos en liña a través de pasarelas de pagamento.

d) O deseño e creación de produtos sostibles de packaging

3. Non se consideran gastos subvencionables os gastos de persoal.

Obxecto e réxime das subvencións

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural (código de procedemento CO300H).

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva. Así mesmo, quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis (agás no caso dos concellos), polo que non poderán exceder os límites cuantitativos de 200.000 € nun período de tres anos establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 24.12.2013, L352/1).

3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.

Información ás persoas interesadas

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código CO300H, poderase obter información a través dos seguintes medios:

a) Na guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal

b) Na páxina web oficial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/portada) na súa epígrafe de axudas.

c) No teléfono 981 54 55 99 da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

d) No enderezo electrónico cei.dxc.axudas@xunta.gal Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia: 012 (desde o resto do Estado: 902 12 00 12).

Lugar, forma e prazo de presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Normativa

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210830/AnuncioG0596-170821-0012_gl.pdf


  • Biologia_infografica_verde_organico_fotosintesis_natural