APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Modificacions restricións c...

Modificacions restricións COVID-19

A) Concellos con nivel de restrición máxima:

Baiona, Burela, Foz, O Grove, Meaño, Monterroso, Muros, Sanxenxo e Viveiro.

 

B) Concellos con nivel de restrición alta:

Ames, Arteixo, Avión, Barbadás, Barco de Valdeorras (O), Barro, Betanzos, Boiro, Bueu, Cambados, Cambre, Carballiño (O), Carballo, Cariño, Cee, Cervo, Chantada, Coruña (A), Culleredo, Ferrol, Fisterra, Gondomar, Guarda (A), Illa de Arousa (A), Laracha (A), Lugo, Marín, Meis, Melide, Moaña Monforte de Lemos, Mos, Nigrán, Oleiros, Ortigueira, Ourense, Padrón, Palas de Rei, Pobra do Caramiñal (A), Poio, Ponte Caldelas, Pontedeume, Pontevedra, Porriño (O), Portas, Redondela, Ribadeo, Ribeira, Rosal (O), Sada, Salvaterra de Miño, Santiago de Compostela, Soutomaior, Teo, Tui, Valga, Verín, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e Xove.

 

C) Concellos con nivel de restrición media:

Arbo, Arzúa, Beariz, Bergondo, Boborás, Boqueixón, Caldas de Reis, Cangas, Capela (A), Carnota, Catoira, Cedeira, Celanova, Coles, Corcubión, Coristanco, Cospeito, Cuntis, Curtis, Esgos, Lama (A), Laxe, Maceda, Miño, Mondariz, Mondoñedo, Monterrei, Muxía, Narón, Neda, Neves (As), Oroso, Outeiro de Rei, Outes, Oza-Cesuras, Pereiro de Aguiar (O), Pobra de Trives (A), Ponteareas, Pontecesures, Pontes de García Rodríguez (As), Rianxo, Ribadumia, Riós Rúa (A), Salceda de Caselas, Sarria, Silleda, Tomiño, Tordoia, Touro, Vilalba, Vilamartín de Valdeorras, Vimianzo e Xinzo de Limia.

 

D) Concellos con nivel de restrición media-baixa:

Abadín, Abegondo, Agolada, Alfoz, Allariz, Amoeiro, Antas de Ulla, Aranga, Ares, Arnoia (A), Baleira ,Baltar, Bande, Baña (A), Baños de Molgas, Baralla, Barreiros, Beade, Becerreá, Begonte, Blancos (Os), Bola (A), Bolo (O), Bóveda, Boimorto, Brión, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Calvos de Randín, Camariñas, Campo Lameiro, Cañiza (A), Carballeda de Avia, Carballeda de Valdeorras, Carballedo, Carral, Cartelle, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Castro de Rei, Castroverde, Cenlle, Cerceda, Cerdedo-Cotobade, Cerdido, Cervantes, Chandrexa de Queixa, Coirós, Corgo (O), Cortegada, Covelo, Crecente, Cualedro, Dodro, Dozón, Dumbría, Entrimo, Estrada (A), Fene, Folgoso do Courel, Fonsagrada (A), Forcarei, Fornelos de Montes, Frades, Friol, Gomesende, Gudiña (A), Guitiriz, Guntín, Incio (O), Irixo (O), Irixoa, Lalín, Láncara, Larouco, Laza, Leiro, Lobeira, Lobios, Lourenzá, Lousame, Malpica de Bergantiños, Manzaneda, Mañón, Maside, Mazaricos, Meira, Melón, Merca (A), Mesía, Mezquita (A), Moeche, Mondariz-Balneario, Monfero, Montederramo, Moraña, Mugardos, Muíños, Muras, Navia de Suarna, Negreira, Negueira de Muñiz, Nogais (As), Nogueira de Ramuín, Noia, Oia, Oímbra, Ordes, Ourol, Paderne de Allariz, Paderne, Padrenda, Pantón, Parada de Sil, Paradela, Páramo (O), Pastoriza (A), Pazos de Borbén, Pedrafita do Cebreiro, Peroxa (A), Petín Pino (O), Piñor, Pobra do Brollón (A), Pol,  Ponteceso, Pontedeva, Pontenova (A), Porqueira, Porto do Son, Portomarín, Punxín, Quintela de Leirado, Quiroga, Rábade, Rairiz de Veiga, Ramirás, Ribadavia, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Rodeiro, Rois, Rubiá, Samos, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Sandiás, San Sadurniño, Santa Comba, Santiso, San Xoán de Río, Sarreaus, Saviñao (O), Sober, Sobrado, Somozas (As), Taboada, Taboadela, Teixeira (A), Toén, Toques, Trabada, Trasmiras, Trazo, Triacastela, Valadouro (O), Val do Dubra,  Valdoviño, Vedra,  Veiga (A),  Verea, Viana do Bolo, Vicedo (O), Vila de Cruces, Vilamarín, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Vilariño de Conso, Vilarmaior, Vilasantar, Xermade, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo e Zas.

 

 

 

 

 

Modifícase o punto 3.29 do anexo I da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado como segue: «3.29. Atraccións de feira. Nos concellos enumerados na letra A do anexo II da presente orde manterase o peche das atraccións de feira.

No caso dos concellos enumerados nas letras B, C e D do anexo II da presente orde, poderán desenvolver a súa actividade cumprindo coas seguintes medidas: a) Nos espazos en que se instalen atraccións de feira respectaranse a distancia de seguridade interpersoal e as medidas hixiénicas exixibles a cada instalación ou actividade. Para tal efecto, nos espazos comúns de tránsito respectarase a ratio dunha persoa por cada tres metros cadrados de superficie útil, descontando a superficie ocupada polas estruturas instaladas.

b) Deberase sinalizar o espazo en que se desenvolvan as atraccións de tal maneira que se facilite o establecemento de puntos diferenciados para a entrada e saída, que deberán estar identificados con claridade.

c) A autoridade sanitaria local verificará o respecto da capacidade nos espazos comúns e adoptará as medidas necesarias para evitar aglomeracións.

d) Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal nas atraccións e postos instalados.

e) Tanto os asistentes como o persoal das atraccións deberán levar máscara de maneira obrigatoria e lembraráselles aos asistentes, por medio de carteis visibles e mensaxes de megafonía, a dita obrigatoriedade, así como as normas de hixiene e prevención que deben observar.

f) No caso das atraccións en que, polas súas características e configuración, quede garantido en todo momento o mantemento da distancia de seguridade interpersoal entre as persoas usuarias, poderán ocuparse todas as prazas dispoñibles. En caso contrario, naquelas atraccións que dispoñan de asentos, poderá ocuparse ata un máximo que permita manter a distancia de seguridade interpersoal entre os ocupantes e reducirase ao cincuenta por cento o número de asentos de cada fila que se poidan ocupar, en caso de que esta distancia non se poida asegurar.

 

 

Esta limitación non será de aplicación no caso de persoas conviventes. No caso de atraccións que non teñan asentos incorporados, a súa capacidade máxima será do trinta por cento da capacidade máxima da atracción.

g) Disporanse dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida debidamente autorizados e rexistrados en cada unha das atraccións.

h) Cada atracción deberá aplicar as medidas de limpeza e desinfección adecuadas ao tipo de actividade, á frecuencia e ás condicións de uso polas persoas usuarias, prestando especial atención ás superficies de contacto directo. En todo caso, cada atracción someterase a unha limpeza ao remate de cada xornada de uso.

i) Non se permitirán as piscinas de bólas, por mor da dificultade da súa limpeza, e poderá dedicarse o espazo correspondente a outra actividade lúdica para o público infantil. Respecto das atraccións inchables, estarán permitidas ata un 50 % da súa capacidade».

 

 

 

As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 7 de agosto.

No caso das celebracións e eventos en establecementos de restauración para os días 7 e 8 de agosto que xa estivesen concertados antes do día 6 de agosto, non serán aplicables as limitacións que sexan consecuencia da elevación do nivel de restrición, ben que estas celebracións e eventos deberán ser comunicados polos titulares dos establecementos á correspondente xefatura territorial da Consellería de Sanidade para que se poidan adoptar as medidas ou efectuar as recomendacións pertinentes.