APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Ape galicia recibe na sÚa s...

Foto_prensa_3

APE GALICIA RECIBE NA SÚA SEDE AO DIRECTOR XERAL DE COMERCIO E CONSUMO, MANUEL HEREDIA PÉREZ

O presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, xunto coa secreteria xeral, Sonia Acuña, recibiron esta mañá ao director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia Pérez, na súa primeira visita á sede da asociación en Pontevedra, na que tamén estiveron presentes os membros da xunta directiva Marisé Bértola, secretaria; Laura Gómez Nieves, vogal; Jesús Rey, vogal e presidente de AJE Pontevedra; Francisco Lorenzo Lemos, tesorero; e José Manuel Rodríguez Simón, vicepresidente de APE Galicia e responsable de ATRA.

Durante a hora e media que durou a reunión, tocáronse temas relacionados coa situación que está a atravesar o pequeno comercio de Galicia na actualidade, coa incidencia que ten a crise sanitaria que estamos a vivir no sector, e a necesidade dunha urxente renovación que lle permita gañar en competitividade.

Así, Manuel Heredia Pérez asegurou que o seu departamento está traballando para apoiar o comercio galego principalmente nos dous grandes retos aos que se enfrenta, como son a formación e a transformación do modelo de negocio.

A pesar de ser un defensor do formato físico, según o director xeral de Comercio, coa pandemia quedou clara a necesidade de adaptarse a novos modelos de negocio que pasan por aproveitar as vantaxes da dixitalización non só para captar clientes senon tamén para a xestión do mesmo, e, para iso, é fundamental a formación.

José Ramón Caldas ofreceu a colaboración de APE Galicia nesta tarefa xa que, a pesar de ser una asociación de persoas traballadoras autónomas, quixo deixar claro que ao redor dun 30% das 70.000 persoas asociadas á entidade pertence ao sector do pequeno comercio.

Por iso, dende a asociación xa se están realizando xornadas formativas e obradoiros para activar dixitalmente negocios das zonas de Marín e Pontevedra e que se espera que se podan chegar a facer no resto de provincias galegas.

  • Foto_prensa_3
  • Foto_prensa_4_sonia_acuna_manuel_heredia_jose_ramon_caldas
  • Foto_prensa_2_xunta_directiva_de_ape_galicia_co_director_xeral_de_comercio