APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Novas medidas de prevenciÓn...

Medidas290521

NOVAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN A PARTIR DO SÁBDO 29 DE MAIO ATA O 12 DE XUÑO

Publicadas no DOG número 99-bis, do 28 de maio de 2021, as medidas establecidas pola Xunta de Galicia para facer fronte á pandemia que terán efecto a partir das 00 horas do sábado 29 de maio ata as 00 h. do sábado 12 de xuño de 2021.

Así, debido á evolución epidemiolóxica, os concellos quedan nos seguintes niveis de restricións, quedando a situación do seguinte xeito:

Nivel Máximo

Lobios, Mos e A Pobra do Caramiñal.

Nivel Alto

Moraña, Ordes, Ponte Caldelas, Ribeira e Viveiro.

Nivel Medio

O Barco de Valdeorras, Boiro, Bueu, Cambados, Cee, Cervo, Moaña, Monforte de Lemos, Ponteareas, Rianxo, Vilalba e Xove.

Nivel Medio - Baixo

O resto de concellos

 

:: Medidas pendientes de autorización xudicial :: 

PECHE PERIMETRAL DOS CONCELLOS

Quedan restrinxidas a entrada e a saída de persoas dos concellos que esteán no nivel máximo de restricións, agás desprazamentos xustificados por algún dos seguintes motivos:

·         Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

·         Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais.

·         Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.

·         Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.

·         Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

·         Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes.

·         Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.

·         Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.

·         Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.

·         Coidado de hortas e animais.

·         Asistencia a academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación.

·         Desprazamento a establecementos comerciais polo miúdo de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade en territorios limítrofes cando non exista alternativa no propio concello.

·         Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

·         Adestramentos ou competicións de ámbito federado profesional ou non profesional permitidos nesta orde. Para estes efectos, a Secretaría Xeral para o Deporte poderá establecer requisitos, condicións e limitacións aos desprazamentos correspondentes á actividade deportiva federada de ámbito autonómico.

·          Calquera outra actividade debidamente acreditada.

PERMANENCIA DE GRUPOS DE PERSOAS EN ESPAZOS PÚBLICOS OU PRIVADOS

Nos concellos en máximo nivel, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados coma abertos ou ao aire libre, e en espazos de uso privado quedará limitada aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.

No resto de concellos, permitese un máximo de seis en espazos pechados e de dez en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de conviventes. No caso de agrupacións en que se inclúan tanto persoas conviventes como persoas non conviventes, o número máximo destas será de seis ou dez persoas en función de se reúnen en espazos pechados ou abertos. Non obstante, entre a 1.00 e as 6.00 horas a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados coma abertos ou ao aire libre, e en espazos de uso privado quedará limitada aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.

Excepcións:

·         As persoas que viven soas, que poderán formar parte dunha única unidade de convivencia ampliada. Cada unidade de convivencia pode integrar soamente unha única persoa que viva soa.

·         A reunión de persoas menores de idade cos seus proxenitores, no caso de que estes non convivan no mesmo domicilio.

·         A reunión de persoas con vínculo matrimonial ou de parella cando estes vivan en domicilios diferentes.

·         A reunión para o coidado, a atención, a asistencia ou o acompañamento a persoas menores de idade, persoas maiores ou dependentes, con discapacidade ou especialmente vulnerables.

·         No caso de actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así como no caso da práctica do deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

·         As actividades previstas respecto das cales se prevexa a posibilidade de grupos de persoas que non sexan conviventes.

·         Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

MOBILIDADE NOCTURNA

Non haberá limitacións de mobilidade nocturna nos concellos galegos, agás nos que estean no nivel máximo de restricións, onde únicamente poderase circular polas vías ou espazos públicos entre as 23.00 e as 6.00 horas para realizaren as seguintes actividades:

·         Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.

·         Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

·         Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.

·         Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.

·         Retorno ao lugar de residencia habitual, tras realizar algunhas das actividades previstas neste punto.

·         Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

·         Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

·         Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

·         Abastecemento en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.

ACTIVIDADE CINEXÉTICA DO XABARIL E DO LOBO

Quedan exceptuadas das limitacións a entrada e saída de persoas e de permanencia de grupos de persoas en espazos públicos nas accións de caza colectiva que se realicen exclusivamente sobre as especies cinexéticas do xabaril e do lobo, nos seguintes supostos:

·         Accións de caza sobre o xabaril de acordo coa planificación aprobada para a tempada de caza 2020/21 nos plans anuais de aproveitamento cinexético dos Tecor, e accións autorizadas especificamente en terreos de réxime cinexético común.

·         Accións de caza con ocasión de danos á agricultura ou á gandaría ocasionados polo xabaril e/ou o lobo, logo da súa comprobación por parte das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de ambiente.

·         Accións de caza como consecuencia de accidentes graves de tráfico reiterados nun mesmo punto quilométrico.

 

:: Limitacións de capacidade e medidas de prevención específicas por sectores ::

CONTROL DE CAPACIDADE

Os establecementos, instalacións e locais deberán expor ao público a capacidade máxima, e asegurar que a dita capacidade e a distancia de seguridade interpersoal se respecta no seu interior.

No caso do sector da hostalaría e restauración, aplicarase tamén as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia, nomeadamente, no relativo á distribución de espazos, ocupacións, mobiliario e outros elementos de seguridade.

CENTROS E PARQUES COMERCIAIS E GRANDES SUPERFICIES

Deberán dispoñer de sistemas ou dispositivos que permitan coñecer en todo momento o número de persoas usuarias existente no seu interior, así como o control da capacidade máxima permitida nas citadas instalacións.

O cumprimento da citada obriga será responsabilidade das persoas, físicas ou xurídicas, titulares das citadas instalacións ou das que teñan atribuída a súa xestión.

VELORIOS E ENTERROS

Os velorios poderán realizarse en todo tipo de instalacións, públicas ou privadas, debidamente habilitadas e coas medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal, cun límite máximo, en cada momento, de 10 persoas por túmulo, sexan ou non conviventes, e 25 persoas no exterior, sexan ou non conviventes.

A participación na comitiva para o enterramento ou despedida para cremación da persoa falecida restrínxese a un máximo de vinte e cinco persoas, sexan ou non conviventes, ademais de, se é o caso, o ministro de culto ou persoa asimilada da confesión respectiva para a práctica dos ritos funerarios de despedida do defunto.

LUGARES DE CULTO

A asistencia a lugares de culto non poderá superar o 50% da súa capacidade, salvo nos concellos en nivel máximo que non poderán superar o terzo da súa capacidade. Deberá garantirse, en todo caso, o mantemento da distancia de seguridade de 1,5 metros entre as persoas asistentes. A capacidade máxima deberá publicarse en lugar visible do espazo destinado ao culto.

Deberán establecerse medidas para ordenar e controlar as entradas e saídas aos lugares de culto para evitar aglomeracións e situacións que non permitan cumprir coa distancia de seguridade.

Nas actuacións e nas actividades de ensaio que impliquen a participación de coros e agrupacións vocais de canto deberá asegurarse que se respecte en todo momento a distancia de seguridade interpersoal entre os integrantes do coro ou da agrupación e, polo menos, de 3 metros entre estes e o público. Será obrigatorio, en calquera caso, o uso de máscara durante toda a actuación e nas actividades de ensaio.

Na celebración dos actos de culto deberanse observar as seguintes medidas de hixiene e prevención:

·         Procurarase manter a distancia de seguridade interpersoal entre os participantes entre si e co público asistente e o uso de máscara será obrigatorio.

·         Diariamente deberanse realizar tarefas de desinfección dos espazos utilizados ou que se vaian utilizar e de xeito regular reiterarase a desinfección dos obxectos que se tocan con maior frecuencia.

·         Organizaranse as entradas e saídas para evitar aglomeracións de persoas nos accesos e inmediacións dos lugares de culto.

·         Poranse á disposición do público dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida debidamente autorizados e rexistrados en lugares accesibles e visibles e, en todo caso, na entrada do lugar de culto.

·         Non se permitirá o uso de auga bendita e as ablucións rituais deberán realizarse na casa.

·         Facilitarase no interior dos lugares de culto a distribución dos asistentes sinalizando, se for necesario, os asentos ou zonas utilizables en función da capacidade permitida en cada momento.

·         Nos casos en que os asistentes se sitúen directamente no chan e se descalcen antes de entrar no lugar de culto, usaranse alfombras persoais e situarase o calzado nos lugares estipulados, embolsado e separado.

·         Limitarase ao menor tempo posible a duración dos encontros ou celebracións.

·         Durante o desenvolvemento das reunións ou celebracións evitarase o contacto persoal, tocar ou bicar obxectos de devoción ou outros obxectos que habitualmente se manexen.

CERIMONIAS E CELEBRACIÓNS RELIXIOSAS OU CIVÍS

As cerimonias nupciais e demais celebracións relixiosas ou civís deberán respectar as regras de capacidade e as medidas de hixiene e prevención que sexan de aplicación ao lugar onde se desenvolvan.

ESTABLECEMENTOS, LOCAIS COMERCIAIS RETALLISTAS E DE ACTIVIDADES DE SERVIZOS PROFESIONAIS QUE NON FORMEN PARTE DE CENTROS OU PARQUES COMERCIAIS

Non poderán superar o 50% da súa capacidade total nos concellos situados nos niveis máximo e alto de resitricións, nin do 75% no restantes concellos. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada un deles deberá gardar esta mesma proporción.

O horario de peche dos ditos establecementos e locais será o que teñan fixado de acordo coa normativa vixente e deben respectar, se é o caso, as limitacións establecidas para a mobilidade nocturna.

Deberán prestar un servizo de atención preferente a maiores de 75 anos, o cal deberá sinalarse de forma visible neses establecementos e locais.

Os establecementos que teñan consideración de gran superficie, entendendo por tales os que teñan máis de 2.500 metros cadrados de superficie, deberán dispor de sistemas ou dispositivos que permitan coñecer, en todo momento, o número de persoas usuarias existente no seu interior, así como o control da capacidade máxima permitida nas citadas instalacións.

ESTABLECEMENTOS QUE TEÑAN CONDICIÓN DE CENTROS E PARQUES COMERCIAIS OU FORMEN PARTE DELES

Non poderán superar o 50%  da súa capacidade total nos concellos en nivel máximo e alto de restricións, nin do 75% nos restantes concellos. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada un deles deberá gardar esta mesma proporción.

A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 30% nos concellos en nivel máximo e alto de restricións, ao 50% nos restantes concellos. Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos. Queda prohibida a utilización de zonas recreativas, como poden ser zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso, que deben permanecer pechadas.

O horario de peche dos centros e parques comerciais será o que teñan fixado de acordo coa normativa vixente e deben respectar, se é o caso, as limitacións establecidas para a mobilidade nocturna.

Os centros e parques comerciais deberán dispor de sistemas ou dispositivos que permitan coñecer, en todo momento, o número de persoas usuarias existente no seu interior, así como o control da capacidade máxima permitida nas citadas instalacións.

Deberán prestar un servizo de atención preferente a maiores de 75 anos, o cal deberá deberá sinalarse de forma visible neses establecementos e locais.

MERCADOS NA VÍA PÚBLICA

No caso dos mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública ao aire libre ou de venda non sedentaria, coñecidos como feiras, a capacidade virá determinada polo número de postos autorizados do xeito seguinte:

·         Nos mercados con menos de 150 postos autorizados, poderán dispoñer do 100 % dos postos habituais ou autorizados.

·         Nos mercados que teñan entre 150 e 250 postos autorizados, poderán dispoñer do 75 % dos postos habituais ou autorizados.

·         Nos mercados que teñan máis de 250 postos autorizados, poderán dispoñer do 50 % dos postos habituais ou autorizados.

Os concellos poderán aumentar a superficie habilitada ou habilitar novos días para o exercicio desta actividade para compensar e prestarán especial atención á vixilancia do cumprimento das medidas sanitarias e protocolos aplicables.

Os concellos establecerán requisitos de distanciamento entre os postos e as condicións de delimitación do mercado co obxectivo de procurar manter a distancia de seguridade interpersoal entre traballadores, clientes e viandantes.

Durante todo o proceso de atención ao consumidor deberá manterse a distancia de seguridade interpersoal establecida entre o vendedor e o consumidor, que poderá ser dun metro cando se conte con elementos de protección ou barreira.

Deberá sinalarse de forma clara a distancia de seguridade interpersoal entre clientes  e recomendase a posta á disposición de dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida debidamente autorizados e rexistrados nas inmediacións dos mercados ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública.

Realizarase, polo menos unha vez ao día, unha limpeza e desinfección das instalacións con especial atención ás superficies de contacto máis frecuentes, procurando evitar a manipulación directa dos produtos por parte dos clientes.

ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN

Poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do 50% respecto do máximo permitido, aínda que priorizarase a realización da actividade lectiva non presencial, por medios telemáticos (en liña) sempre que sexa posible.

Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal nas súas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física.

No caso de utilización de vehículos será obrigatorio o uso da máscara tanto polo persoal docente como polo alumnado ou o resto de ocupantes do vehículo.

HOTEIS, ALBERGUES E ALOXAMENTOS TURÍSTICOS

Permanecerán abertos, sen prexuízo das limitacións vixentes de entrada e saída de persoas en determinados ámbitos territoriais. Os albergues poderán manter unha ocupación máxima do 30 % das prazas nos espazos de aloxamento compartido.

A ocupación das zonas comúns dos hoteis, albergues e aloxamentos turísticos non poderá superar o 50% da súa capacidade.

Para iso, cada establecemento deberá determinar a capacidade dos distintos espazos comúns, así como aqueles lugares en que se poderán realizar eventos e as condicións máis seguras para a súa realización conforme a capacidade máxima prevista e de acordo coas medidas de hixiene, protección e distancia mínima establecidas.

Poderán facilitar servizos de hostalaría e restauración para os clientes aloxados nos ditos establecementos e no caso de instalacións deportivas, tales como piscinas ou ximnasios, rexeranse polas regras aplicables a este tipo de instalacións.

ACTIVIDADE CINEXÉTICA

Está permitida a actividade cinexética en todas as súas modalidades sempre que se axuste ás limitacións de grupos de persoas aplicables no respectivo concello. En todo caso, a realización das ditas actividades estará sometida ás restricións perimetrais actualmente vixentes.

PESCA FLUVIAL OU MARÍTIMA, RECREATIVA OU DEPORTIVA

Está permitida a práctica da pesca fluvial e marítima, deportiva e recreativa, en todas as súas modalidades, sempre que se axuste ás limitacións de grupos de persoas aplicables no respectivo concello. En todo caso, a realización das ditas actividades estará sometida ás restricións perimetrais actualmente vixentes.

PARQUES E ZONAS DEPORTIVAS DE USO PÚBLICO AO AIRE LIBRE

Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas de skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio e deben aplicarse as medidas de hixiene e prevención establecidas, sobre todo, nas áreas de contacto das zonas comúns ou mobiliario compartido.

Recoméndase dispor neses espazos, especialmente no que se refire a parques infantís, de dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida, debidamente autorizados e rexistrados, ou dunha solución xabonosa no caso de espazos para menores de dous anos de idade.

REALIZACIÓN DE ACTOS E REUNIÓNS LABORAIS, INSTITUCIONAIS, ACADÉMICOS OU PROFESIONAIS

A realización de actos e reunións laborais, institucionais, académicos, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativos, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais poderanse levar a cabo sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento, ben que se recomenda que se realicen de forma telemática sempre que sexa posible.

Nos concellos dos niveis máximo e alto, non se poderá superar o 50% da capacidade autorizada do local. En calquera caso, deberase respectar un máximo de 75 persoas para lugares pechados e de 150 persoas se se trata de actividades ao aire libre.

Nos concellos establecidos nos niveis medio e medio baixo de restrición, non se poderá superar o 75% por cento da capacidade autorizada do local e, en todo caso, deberase respectar un máximo de 150 persoas para lugares pechados e de 300 persoas se se trata de actividades ao aire libre.

Non obstante, poderase ampliar o límite indicado logo de autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste caso, por solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir xunto cun plan de prevención de contaxios.

Tamén é de aplicación para as reunións de xuntas de comunidades de propietarios.

ACTIVIDADE DEPORTIVA

A realización da actividade física e deportiva non federada axustarase ás seguintes regras:

·         NIVEL MÁXIMO: Só poderá realizarse ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre, de forma individual ou con persoas conviventes, e coa utilización de máscara.

·         NIVEIS ALTO E MEDIO: Ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico e coa utilización de máscara. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de dez persoas de forma simultánea, sexan ou non conviventes, sen contar, de ser o caso, o monitor.

Nas instalacións e centros deportivos pechados poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata seis persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, coa utilización de máscara e sempre que non se supere o 30% da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade. Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas, cunha ocupación máxima do 30 %.

·         NIVEL MEDIO-BAIXO: Ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico e coa utilización de máscara. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de dez persoas de forma simultánea, sexan ou non conviventes, sen contar, de ser o caso, o monitor.

Nas instalacións e centros deportivos pechados poderase realizar en grupos de ata seis persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, coa utilización de máscara e sempre que non se supere o 50% da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade. Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas, cunha ocupación máxima do 50 %.

Deberán realizarse tarefas de ventilación nas instalacións cubertas durante un mínimo de 30 minutos ao inicio e ao remate de cada xornada, así como de forma frecuente durante esta e, obrigatoriamente, ao remate de cada clase ou actividade de grupo. No caso da utilización de sistemas de ventilación mecánica, deberá aumentarse a subministración de aire fresco e limitarase ao mínimo indispensable a función de recirculación do aire interior.

Os vestiarios e zonas de ducha poderán usarse cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, e procederase á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada.

En canto a práctica da actividade deportiva federada de ámbito autonómico, adestramentos e competicións, axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.

As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

No ámbito das competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal de modalidades deportivas que poidan implicar contacto que se realicen na Comunidade Autónoma de Galicia serán de aplicación as seguintes medidas:

-       Os equipos e deportistas galegos que participen nas ditas competicións deberán realizar os adestramentos e a competición en grupos de composición estable e, en todo caso, deberán realizar tests serolóxicos ou probas similares cada 14 días naturais.

-       A totalidade dos membros da expedición dos equipos e deportistas procedente doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia para participaren nas ditas competicións deberán realizar tests serolóxicos ou probas similares en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da proba/partido/competición.

Así mesmo, deberán comunicar con idéntica antelación ás autoridades sanitarias autonómicas a relación das persoas integrantes da expedición trasladada a Galicia, a data e a hora de chegada á Comunidade Autónoma galega e o lugar de aloxamento, así como o tipo de proba de detección de COVID-19 a que foron sometidas as ditas persoas.

CENTROS, SERVIZOS E ESTABLECEMENTO SANITARIOS

Os titulares ou directores dos distintos centros, servizos e establecementos sanitarios, de natureza pública ou privada, deberán adoptar as medidas organizativas, de prevención e hixiene necesarias do seu persoal traballador e dos pacientes, co obxecto de aplicar as recomendacións emitidas nesta materia, relativas á distancia de seguridade interpersoal, ao uso de máscaras en sitios pechados de uso público, á capacidade, hixiene de mans e respiratoria, así como calquera outra medida que establezan as autoridades competentes.

LONXAS

Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal.

TRANSPORTE

As condicións de capacidade dos vehículos e embarcacións que realicen servizos colectivos de transporte de viaxeiros, isto é, o transporte en autobús –de carácter interurbano e urbano, sexa de uso xeral, de uso especial ou discrecional– e o transporte marítimo en augas interiores, quedan establecidas do seguinte xeito:

·         Nos vehículos e nas embarcacións que dispoñan de asentos poderase ocupar a totalidade dos asentos. Deberase manter a máxima separación entre as persoas usuarias cando o nivel de ocupación o permita.

·         Nos vehículos e nas embarcacións que teñan autorizadas prazas de pé procurarase que as persoas manteñan entre si a máxima distancia posible e establécese como límite de ocupación máxima a dunha sexta parte das prazas de pé.

Como medidas adicionais aplicables aos modos de transporte establécense as seguintes:

·         Durante toda a duración do traxecto, cando esta sexa inferior a dúas horas, as persoas usuarias non poderán consumir alimentos no interior dos vehículos ou embarcacións e deberán, igualmente e na medida do posible, evitar consumir bebidas, conversar ou manter calquera outro contacto directo con outras persoas ocupantes do dito vehículo ou embarcación.

·         Na prestación de servizos colectivos regulares de transporte de viaxeiros de carácter interurbano de uso xeral, cando non estean autorizadas prazas de pé, e na prestación de calquera servizo de transporte marítimo en augas interiores da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia será obrigatoria a expedición de billete coa identificación do servizo concreto de transporte de que se trate e do vehículo ou da embarcación que o preste.

Todos os vehículos e embarcacións deberán ter numerados os seus asentos de forma clara e visible para as persoas usuarias. Naqueles servizos respecto dos cales non haxa unha asignación previa de asento, recoméndase ás persoas viaxeiras que anoten no seu billete o número de asento que ocupen e que o conserven durante os 14 días posteriores ao da viaxe.

As empresas concesionarias procurarán a máxima ventilación do vehículo, sen recirculación do aire, mantendo as fiestras abertas sempre que non se produzan correntes de aire.

Nos desprazamentos en vehículo particular respectaranse as limitacións que se establezan nesta orde para grupos de persoas no correspondente ámbito territorial.

Para tal efecto, serán de aplicación as seguintes regras:

·         Nos concellos en nivel máximo de restricións, poderán desprazarse nun mesmo vehículo só as persoas conviventes, ben que estará permitido o desprazamento nun vehículo particular de persoas non conviventes que traballen xuntas e só para o traxecto de ida e volta ao centro de traballo, así como para que os menores poidan acudir a centros de ensino. Nestes casos, só se permitirán dúas persoas por fila de asentos e deberán usar todas máscara.

·         No resto dos concellos, respectaranse as limitacións para grupos de persoas e deberase usar sempre máscara dentro do vehículo cando se trate de persoas non conviventes.

Nos concellos no nivel máximo, os taxis e vehículos VTC poderán prestar servizos de transporte para persoas conviventes, así como escolares, persoal sanitario, pacientes ou traballadores non conviventes; nestes casos poderán desprazarse tantas persoas como prazas teña o vehículo e procurarase, cando o nivel de ocupación o permita, a máxima separación entre as persoas usuarias. En todos os casos, será obrigatorio o uso da máscara.

No resto dos concellos poderán desprazarse tantas persoas como prazas teña o vehículo e procurarase, cando o nivel de ocupación o permita, a máxima separación entre as persoas usuarias. En todos os casos, será obrigatorio o uso de máscara.

ÁREAS DE SERVIZO PARA PROFESIONAIS DO TRANSPORTE

Co obxecto de posibilitar os descansos adecuados en cumprimento da normativa de tempos de condución e descanso, imprescindibles para poder levar a cabo as operacións de transporte, e facilitarlles aos transportistas profesionais un servizo de restauración, aqueles establecementos situados en centros loxísticos e nas áreas de servizo da Rede de estradas do Estado en Galicia, vías de alta capacidade e Rede primaria básica de estradas de Galicia que dispoñan de cociña, servizos de restauración ou expendedores de comida preparada poderán permanecer abertos alén das limitacións horarias establecidas para restauración e hostalaría, incluído o horario nocturno.

Para o acceso a estes establecementos, neste caso, será obrigatoria a presentación da tarxeta de profesional do transporte CAP, a consumición no interior deberá realizarse de xeito individual e sentado e non se poderá realizar a venda ou dispensación de bebidas alcohólicas.

CELEBRACIÓN DE COMPETICIÓNS DEPORTIVAS, ACTIVIADES EN CINES, TEATROS, AUDITORIOS, CONGRESOS E OUTROS EVENTOS, RECINTOS AO AIRE LIBRE E LOCAIS E ESTABLECEMENTOS PARA ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS

Poderá desenvolverse, sen superar o 30% da capacidade permitida, con público, sempre que este permaneza sentado e se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 m nas catro direccións entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite máximo de 250 persoas para lugares pechados e de 500 persoas, se se trata de actividades ao aire libre.

Nos concellos no nivel medio baixo de restrición, o límite máximo poderá chegar ás 500 persoas para lugares pechados e ás 1.000 persoas, se se trata de actividades ao aire libre, sen superar o 50% da capacidade permitida.

Co fin de evitar aglomeracións, a distribución dos asistentes será homoxénea polas butacas e haberá unha planificación adecuada para controlar os accesos e o fluxo de circulación dos asistentes. Debe preverse a apertura de todas as portas dispoñibles coa antelación suficiente.

Deberá existir un rexistro de asistentes ao evento e custodialo durante un mes, coa información do contacto dispoñible para as autoridades sanitarias e cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.

No caso de celebración de congresos, encontros, eventos e actos similares, se os asistentes non permanecen sentados en todo momento, solicitarase autorización á Dirección Xeral de Saúde Pública en que se comuniquen o evento, as datas, as actividades que se van realizar e as medidas concretas organizativas e de seguridade propostas para os riscos de contaxio.

En todo caso, se se pretende superar as capacidades máximas previstas, a Dirección Xeral de Saúde Pública, logo de solicitude dos titulares ou promotores da actividade, disporá a realización dunha avaliación do risco para outorgar a autorización.

HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

A prestación de servizos de hostalaría e restauración en bares, cafetarías e restaurantes axustarase ás seguintes regras:

·         NIVEL ALTO: Os establecementos permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de recollida no local e consumo a domicilio ata as 22.30 horas, ou ben servizo de entrega a domicilio. O servizo de entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24.00 horas.

·         NIVEL ALTO: Os establecementos poderán prestar unicamente servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio e, así mesmo, de terraza co 50% da capacidade máxima permitida.

·         NIVEL MEDIO: Os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio, de terraza co 50 % da capacidade máxima permitida e tamén de servizo no interior cunha ocupación do 30 %. Non se poderá prestar servizo na barra.

·         NIVEL MEDIO-BAIXO: Os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio, de terraza co 75 % da capacidade máxima permitida e tamén de servizo no interior cunha ocupación do 50 %. Non se poderá prestar servizo na barra.

O horario de peche ao público será ás 23.00 horas. Os establecementos que utilicen a opción de ampliar o seu horario ata a 1.00 horas exclusivamente para o servizo de ceas deberán cumprir os requisitos que se determinen para este caso, sen que poidan admitirse novos clientes a partir das 00.00 horas.

Os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio ou ben servizo de entrega a domicilio ata a 1.00 horas. Neste caso, a permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria.

Os establecementos de restauración de centros sanitarios ou de traballo poderán manter o servizo de cafetaría, bar e restaurante. Non poderán superar o 50% da súa capacidade. O consumo dentro do local poderá realizarse unicamente sentado na mesa, ou agrupacións de mesas, deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal, limitando a súa actividade, aos traballadores ou acompañantes de doentes, nos concellos de nivel máximo e alto.

Estas regras non será aplicables aos comedores escolares, que se rexerán pola súa normativa específica.

PROCESOS SELECTIVOS POLAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E ENTIDADES DO SECTOR PÚBLICO

A realización de procesos selectivos poderá desenvolverse, sempre que os asistentes permanezan sentados e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 m en todas as direccións, cun límite máximo de duascentas cincuenta persoas aspirantes.

Co fin de evitar aglomeracións, a distribución dos asistentes será homoxénea polos asentos e haberá unha planificación adecuada para controlar os accesos e o fluxo de circulación dos asistentes. Debe preverse a apertura de todas as portas dispoñibles coa antelación suficiente. Organizaranse as entradas e saídas para evitar aglomeracións de persoas, tanto nos accesos como nas inmediacións, e distribuiranse proporcionalmente as persoas entre as portas dispoñibles.

O uso da máscara será obrigatorio en todo momento, mesmo no caso de que se manteña a distancia de seguridade interpersoal nos termos previstos nas medidas hixiénico-sanitarias.

Deberán realizarse tarefas de ventilación nas instalacións cubertas por un prazo de, polo menos, 30 minutos ao comezo e ao final de cada xornada, así como de forma frecuente durante esta e obrigatoriamente ao finalizar cada actividade. No caso da utilización de sistemas de ventilación mecánica, deberá aumentarse a subministración de aire fresco e non se poderá empregar a función de recirculación do aire interior.

Deberá existir un rexistro de asistentes e custodialo durante un mes despois do evento, coa información do contacto dispoñible para as autoridades sanitarias, cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.

No caso de realización de procesos selectivos de máis de 250 aspirantes, ou se as probas non se realizan coas persoas sentadas en todo momento, solicitarase autorización á Dirección Xeral de Saúde Pública en que se comuniquen o evento, as datas, as actividades que se van realizar e as medidas concretas organizativas e de seguridade propostas para os riscos de contaxio.

DETERMINADAS ACTIVIDADES TURÍSTICAS, CENTROS DE INTERPRETACIÓN E VISITANTES, AULAS DE NATUREZ, CASETAS E PUNTOS DE INFORMACIÓN

·         Poderán realizarse actividades de turismo ao aire libre, organizadas por empresas habilitadas para iso, e a actividade de guía turístico para grupos de ata un máximo de vinte persoas máis o monitor, sexan ou non conviventes, e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

·         Nos centros de interpretación e visitantes, nas aulas da natureza, nas casetas e nos puntos de información da Rede galega de espazos protexidos e espazos similares, non se poderá exceder o 50% da súa capacidade e deberá respectarse o máximo de dez persoas nas actividades grupais no interior ou vinte persoas nas actividades no exterior, sexan ou non conviventes. Ademais, deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

CENTROS DE LECER INFANTIL

Poderán desenvolver a súa actividade nas seguintes condicións:

·         NIVEL MÁXIMO E ALTO: Non se poderán desenvolver actividades no interior dos centros de lecer. Aqueles establecementos que dispoñan de terraza ou xardín exterior poderán utilizala para actividades dirixidas e obradoiros, cunha capacidade máxima do 30 %, e en grupos dun máximo de seis nenos/nenas por grupo. Os nenos/nenas dun grupo non poderán interactuar cos que integren outros grupos.

·         NIVEL MEDIO: Os centros de lecer infantil poderán desenvolver a súa actividade cunha capacidade máxima do 30 %, e en grupos dun máximo de dez nenos/nenas por grupo no exterior, e de seis no interior.Os nenos/nenas dun grupo non poderán interactuar cos que integren outros grupos. Só se poderán realizar actividades dirixidas e obradoiros, e só se permitirá o uso de inchables no exterior.

·         NIVEL MEDIO-BAIXO: Poderán desenvolver a súa actividade cunha capacidade máxima do 50 %, e unha ratio de 1 monitor por cada dez participantes. Os grupos serán de dez nenos/nenas nas actividades no exterior e de seis no interior. Os nenos/nenas dun grupo non poderán interactuar cos que integren outros grupos.

ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE DIRIXIDAS Á POBOACIÓN INFANTIL E XUVENIL

O número de participantes queda ao 50% da súa capacidade máxima, cun máximo de cincuenta participantes, excluídos os monitores. Cando estas actividades se realicen en espazos pechados, non se deberá superar o 50% da capacidade máxima do recinto, cun máximo de vinte e cinco participantes, excluídos os monitores.

As actividades deberán realizarse no interior en grupos de ata seis persoas participantes e no exterior en grupos de dez participantes, sexan ou non conviventes e excluídos os monitores correspondentes, que deberán traballar sen contacto entre os demais grupos.

USO DE PRAIAS

Será o concello quen estableza as limitacións tanto de acceso como de capacidade das praias co fin de asegurar que se poida respectar a distancia interpersoal de seguridade entre usuarios. Para os efectos de calcular a capacidade máxima permitida por cada praia, considerarase que a superficie de praia que vai ocupar cada usuario será de, polo menos, catro metros cadrados.

A situación dos obxectos persoais, toallas, hamacas e elementos similares nas zonas de estadía das piscinas e praias levarase a cabo de forma que se poida manter a distancia de seguridade interpersoal con respecto a outros usuarios. Deberá, ademais, respectarse o límite máximo de dez persoas por grupo, excepto no caso de persoas conviventes.

Exceptúase o uso da máscara durante o baño e mentres se permaneza nun espazo determinado, sen desprazarse, e sempre que se poida garantir o respecto da distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes. En calquera caso, será obrigatorio o uso de máscara para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias.

ACUARIOS, ESTABLECEMENTOS E ACTIVIDADES ZOOLÓXICAS, BOTÁNICAS OU XEOLÓXICAS

Soamente poderán realizar a súa actividade cun límite máximo do 30 % de ocupación nos concellos en nivel alto de restrición e dun 50 % nos concellos en nivel medio e medio-baixo. Os establecidos no nivel máximo permancerán pechados.

Nas actividades grupais respectaranse as limitacións de permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privados que estean vixentes no respectivo ámbito territorial e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

ATRACCIÓNS DE FEIRAS

As atraccións de feiras permancerán pechadas nos concellos en niveis máximo e alto de restrición. No resto de concellos, poderán iniciar a súa actividade coas seguintes medidas:

·         Nos espazos en que se instalen atraccións de feira respectarase a distancia de seguridade interpersoal e as medidas hixiénicas exixibles a cada instalación ou actividade. Para tal efecto, nos espazos comúns de tránsito respectarase a ratio dunha persoa por cada tres metros cadrados de superficie útil, descontando a superficie ocupada polas estruturas instaladas.

·         Deberase sinalizar o espazo en que se desenvolvan as atraccións de tal maneira que se facilite o establecemento de puntos diferenciados para a entrada e saída, que deberán estar identificados con claridade.

·         A autoridade sanitaria local verificará o respecto da capacidade nos espazos comúns e adoptará as medidas necesarias para evitar aglomeracións.

·         Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal nas atraccións e postos instalados.

·         Tanto os asistentes como o persoal das atraccións deberán portar máscara de maneira obrigatoria e lembraráselles aos asistentes, por medio de carteis visibles e mensaxes de megafonía, a dita obrigatoriedade, así como as normas de hixiene e prevención que deben observar.

·         No caso das atraccións en que, polas súas características e configuración, quede garantido en todo momento o mantemento da distancia de seguridade interpersoal entre as persoas usuarias, poderán ocuparse todas as prazas disponibles.

En caso contrario, naquelas atraccións que dispoñan de asentos, poderá ocuparse ata un máximo que permita manter a distancia de seguridade interpersoal entre os ocupantes e reducirase ao 50% o número de asentos de cada fila que se poidan ocupar, en caso de que esta distancia non se poida asegurar. Esta limitación non será de aplicación no caso de persoas conviventes. No caso de atraccións que non teñan asentos incorporados, a súa capacidade máxima será do 30% da capacidade máxima da atracción.

·         Disporanse dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida debidamente autorizados e rexistrados en cada unha das atraccións.

·         Cada atracción deberá aplicar as medidas de limpeza e desinfección adecuadas ao tipo de actividade, á frecuencia e ás condicións de uso polas persoas usuarias, prestando especial atención ás superficies de contacto directo. En todo caso, cada atracción someterase a unha limpeza ao remate de cada xornada de uso.

·         Non se permitirán as piscinas de bólas, por mor da dificultade da súa limpeza, e poderá dedicarse o espazo correspondente a outra actividade lúdica para o público infantil. Respecto das atraccións inchables, estarán permitidas ata un 30 % da súa capacidade.

 

:: Medidas especiais para determinadas actividade ::

Adóptase a medida de peche temporal das seguintes actividades:

I. Espectáculos públicos:

- Espectáculos taurinos.

- Espectáculos circenses.

- Espectáculos feirais e de exhibición.

- Espectáculos pirotécnicos.

II. Actividades recreativas:

-       Actividades de lecer e entretemento.

-       Atraccións recreativas.

III. Establecementos abertos ao público:

-       Establecementos de espectáculos públicos.

o   Circos.

o   Prazas de touros.

-       Establecementos de actividades recreativas.

o   Establecementos de xogo

o   Casinos

o   Salas de bingo.

o   Salóns de xogo.

o   Tendas de apostas.

Nos concellos en nivel medio de restrición, os establecementos de xogos colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas, conforme estableza a normativa sectorial en materia de xogo, poderán realizar a súa actividade sempre que non se supere o 30% da súa capacidade permitida e ata as 23.00 horas.

Nos concellos en nivel medio-baixo, os establecementos de xogos colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas, conforme estableza a normativa sectorial en materia de xogo, poderán realizar a súa actividade sempre que non se supere o cincuenta por cento da súa capacidade permitida e ata as 23.00 horas.

En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de seis persoas por mesa ou agrupación de mesas.

Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas súas instalacións, especialmente na disposición e uso das máquinas ou de calquera outro dispositivo de xogo nos locais e establecementos en que se desenvolvan actividades ou, na súa falta, para a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio.

Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención, no caso de que se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, o réxime e horario de prestación deste servizo axustarase ao disposto para os establecementos de hostalaría.

-       Establecementos para atraccións e xogos recreativos.

o   Parques de atraccións e temáticos.

o   Parques acuáticos.

o   Salóns recreativos.

o   Parques multiocio.

-       Establecementos de lecer e entretemento

o    Salas de festas.

o   Discotecas.

o   Pubs.

o   Cafés espectáculo.

Manterán o seu funcionamento con actividade lectiva presencial os seguintes centros educativos de réxime especial:

·         Escolas oficiais de idiomas.

·         Escolas de arte e superior de deseño.

·         Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

·         Escola Superior de Arte Dramática.

·         Conservatorios de música.

·         Conservatorios de danza.

·         Escolas de música.

·         Escolas de danza.

·         Centros autorizados de deportes, centros autorizados de fútbol, centros autorizados de fútbol sala.

·         Centros autorizados de artes plásticas e deseño.

·         Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que permanezan abertos e que limiten a súa actividade ao alumnado dos ditos centros docentes.

·         Escolas de música privadas e escolas de danza privadas

Nos centros sociocomunitarios, centros cívicos, centros de convivencia, centros sociais e demais de natureza análoga permanecerá suspendida a súa actividade ao público agás nos concellos nos niveis medio e medio-baixo, que poderán realizar a súa actividade sempre que se limite a súa capacidade total ao 50 % e se extremen as medidas de protección nas actividades de tipo grupal que se realizan neles, cun máximo de seis persoas sexan ou non conviventes, excluído o monitor ou guía, para as actividades grupais. En todo caso, será obrigatorio o uso da máscara tanto en actividades individuais como grupais.

Permanecerán abertos, en todo caso, os centros de día de maiores e persoas con discapacidade e os ocupacionais, así como as casas do maior.

Aqueles centros de atención á infancia poderán manter os seus servizos observando as normas de prevención hixiénico-sanitarias previstas.

Mantense, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, o peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares.

 -- 

Normativa

Consellería de Sanidade

ORDE do 26 de maio de 2021 pola que se establecen medidas cualificadas de prevención para facer fronte á evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e que precisan da autorización xudicial para a súa eficacia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210528/2655/AnuncioC3K1-270521-8_gl.html

 

ORDE do 28 de maio de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210528/2655/AnuncioC3K1-270521-9_gl.html

 

  • Medidas290521