APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Publicadas no dog as modifi...

Cambios_220521

Publicadas no DOG as modificacións das medidas restritivas adoptadas para facer fronte a crise sanitaria causada polo SARS-CoV-2

Publicada no DOG número 94-bis, do 21 de maio de 2021 os cambios xurdidos nas medidas restritivas debido ao proceso de desescalada gradual das restricións que está levando a cabo a Xunta de Galicia e que terán efecto a partir deste sábado 22 de maio de 2021 ás 00 horas.

Así, debido á evolución epidemiolóxica, algúns concellos cambiarion de nivel de restrición, quedando a situación do seguinte xeito:

Nivel Máximo

Lobios.

Nivel Alto

Cambados, Moraña, Mos, Oleiros, A Pobra do Caramiñal, Ponte Caldelas, Ribeira e Vilanova de Arousa.

Nivel Medio

Ames, Barbadás, O Barco de Valdeorras, Boiro, Bueu, Cangas, Carral, Cee, Cerdedo-Cotobade, Cervo, Chantada, Cuntis, Fisterra, Moaña, Ordes, Padrón, Rianxo, Salceda de Caselas, Santiso, Valga e Viveiro

Nivel Medio - Baixo

Abadín, Abegondo, Agolada, Alfoz, Allariz, Amoeiro, Antas de Ulla, Aranga, Arbo, Ares, A Arnoia, Arteixo, Arzúa, Avión, Baiona, Baleira, Baltar, Bande, A Baña, Baños de Molgas, Baralla, Barreiros, Barro, Beade, Beariz, Becerreá, Begonte, Bergondo, Betanzos, Os Blancos, Boborás, A Bola, O Bolo, Boimorto, Boqueixón, Bóveda, Brión, Burela, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Caldas de Reis, Calvos de Randín, Camariñas, Cambre, Campo Lameiro, A Cañiza, A Capela, Carballeda de Avia, Carballeda de Valdeorras, Carballedo, O Carballiño, Carballo, Cariño, Carnota, Cartelle, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Castro de Rei, Castroverde, Catoira, Cedeira, Celanova, Cenlle, Cerceda, Cerdido, Cervantes, Chandrexa de Queixa, Coirós, Coles, Corcubión, O Corgo, Coristanco, Cortegada, A Coruña, Cospeito, Covelo, Crecente, Cualedro, Culleredo, Curtis, Dodro, Dozón, Dumbría, Entrimo, Esgos, A Estrada, Fene, Ferrol, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Foz, Frades, Friol, Gondomar, Gomesende, O Grove, A Guarda, A Gudiña, Guitiriz, Guntín, A Illa de Arousa, O Incio, O Irixo, Irixoa, Lalín, A Lama, Láncara, A Laracha, Larouco, Laxe, Laza, Leiro, Lobeira, Lourenzá, Lousame, Lugo, Maceda, Malpica de Bergantiños, Manzaneda, Mañón, Marín, Maside, Mazaricos, Meaño, Meira, Meis, Melide, Melón, A Merca, Mesía, A Mezquita, Miño, Moeche, Mondariz-Balneario, Mondariz, Mondoñedo, Monfero, Monforte de Lemos, Montederramo, Monterrei, Monterroso, Mugardos, Muíños, Muras, Muros, Muxía, Narón, Navia de Suarna, Neda, Negreira, Negueira de Muñiz, As Neves, Nigrán, Noia, As Nogais. Nogueira de Ramuín, Oia, Oímbra, Oroso, Ortigueira, Ourense, Ourol, Outeiro de Rei, Outes, Oza-Cesuras, Paderne de Allariz, Paderne, Padrenda, Palas de Rei, Pantón, Parada de Sil, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pazos de Borbén, Pedrafita do Cebreiro, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Petín, O Pino, Piñor, A Pobra de Trives, A Pobra do Brollón, Poio, Pol, Ponteareas, Pontecesures, Ponteceso, Pontedeume, Pontedeva, A Pontenova, As Pontes de García Rodríguez, Pontevedra, Porqueira, O Porriño, Portas, Porto do Son, Portomarín, Punxín, Quintela de Leirado, Quiroga, Rábade, Rairiz de Veiga, Ramirás, Redondela, Ribadavia, Ribadeo, Ribadumia, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riós, Riotorto, Rodeiro, Rois, O Rosal, A Rúa, Rubiá, Sada, Salvaterra de Miño, Samos, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, San Sadurniño, Sanxenxo, San Xoán de Río, Sandiás, Santa Comba, Santiago de Compostela, Sarreaus, Sarria, O Saviñao, Silleda, Sober, Sobrado, As Somozas, Soutomaior, Taboada, Taboadela, A Teixeira, Teo, Toén, Tomiño, Toques, Tordoia, Touro, Trabada, Trasmiras, Trazo, Triacastela, Tui, Val do Dubra, O Valadouro, Valdoviño, Vedra, A Veiga, Verea, Verín, Viana do Bolo, O Vicedo, Vigo, Vilaboa, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa, Vilalba, Vilamarín, Vilamartín de Valdeorras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Vilariño de Conso, Vilarmaior, Vilasantar, Vimianzo, Xermade, Xinzo de Limia, Xove, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo e Zas.

Hostalaría e restauración

A prestación de servizos de hostalaría e restauración en bares, cafetarías e restaurantes axustarase ás seguintes regras, en función dos datos epidemiolóxicos existentes nos concellos:

·         Nos concellos no nivel máximo de restrición, os establecementos permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de recollida no local e consumo a domicilio ata as 22.30 horas, ou ben servizo de entrega a domicilio, que poderá realizarse ata as 24.00 horas.

·         Nos concellos no nivel alto de restrición, os establecementos poderán prestar unicamente servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio ata as 01:00 horas e, así mesmo, de terraza co 50 % da capacidade máxima permitida.

·         Nos concellos no nivel medio de restricións, os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio, de terraza 50 % da capacidade máxima permitida e tamén servizo no interior cunha ocupación do 30 %. Non se poderá prestar servizo na barra.

·         Nos no nivel medio – baixo de restricións, os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio 75 % da capacidade máxima permitida e tamén servizo no interior cunha ocupación do 50 %. Non se poderá prestar servizo na barra.

Agás no nivel máximo, o horario de peche ao público será ás 23.00 horas pero os establecementos que cumpran cos requisitos poderán ampliar o seu horario ata as 1.00 horas exclusivamente para o servizo de ceas, sen que poidan admitirse novos clientes a partir das 00.00 horas. Estes requisitos son:

-       A xestión da ocupación das mesas para o servizo de ceas deberá levarse a cabo mediante a reserva ou citación previa.

-       Co obxectivo de facilitar o seguimento de contactos ante casos positivos de COVID-19, levarase un rexistro dos clientes do servizo de ceas que inclúa nome, apelidos e número de teléfono; a persoa responsable do establecemento terá a obriga de custodialo durante polo menos un mes despois do evento, coa información do contacto dispoñible para as autoridades sanitarias e cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.

-       Garantirase a correcta ventilación do local que se obxectivará a través da utilización de dispositivos medidores de CO2, que deberán dispor dunha pantalla que mostre os niveis de CO2 en tempo real nunha zona visible para os usuarios. Estes dispositivos deberán levar a marcación CE.

A localización do medidor deberá axustarse ás indicacións técnicas aplicables e ter en conta o tamaño e a forma do espazo, as súas entradas de aire e o fluxo da ventilación. Non se situarán preto das xanelas, portas ou outros puntos de ventilación.

No caso de sistemas mecánicos de ventilación, débese asegurar en todo caso o nivel de CO2 interior e persoal cualificado documentará o mantemento adecuado e as actuacións realizadas.

Tanto nos casos de ventilación natural coma nos de mecánica ou mixta non se deberán superar no interior as 800 p.p.m. de concentración de CO2, será responsabilidade do local adoptar as medidas precisas de renovación do aire para que non se supere a cifra indicada.

Atraccións de ferias

Nos concellos en nivel máximo e alto de restricións, mantense o peche das atraccións de feira.

Os demáis concellos poderán iniciar a súa actividade cumprindo coas seguintes medidas:

·         Nos espazos en que se instalen atraccións de feira respectarase a distancia de seguridade interpersoal e as medidas hixiénicas exixibles a cada instalación ou actividade. Para tal efecto, nos espazos comúns de tránsito respectarase a ratio dunha persoa por cada tres metros cadrados de superficie útil, descontando a superficie ocupada polas estruturas instaladas.

·         Deberase sinalizar o espazo en que se desenvolvan as atraccións de tal maneira que se facilite o establecemento de puntos diferenciados para a entrada e saída, que deberán estar identificados con claridade.

·         A autoridade sanitaria local verificará o respecto da capacidade nos espazos comúns e adoptará as medidas necesarias para evitar aglomeracións.

·         Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal nas atraccións e postos instalados.

·         Tanto os asistentes como o persoal das atraccións deberán portar máscara de maneira obrigatoria e lembraráselles aos asistentes, por medio de carteis visibles e mensaxes de megafonía, a dita obrigatoriedade, así como as normas de hixiene. Disporanse dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida debidamente autorizados e rexistrados en cada unha das atraccións.

·         No caso das atraccións en que, polas súas características e configuración, quede garantido en todo momento o mantemento da distancia de seguridade interpersoal entre as persoas usuarias, poderán ocuparse todas as prazas dispoñibles.

En caso contrario, naquelas atraccións que dispoñan de asentos, poderá ocuparse ata un máximo que permita manter a distancia de seguridade interpersoal entre os ocupantes reducindo ao 50% o número de asentos de cada fila que se poidan ocupar, en caso de que esta distancia non se poida asegurar. Esta limitación non será de aplicación no caso de persoas conviventes. No caso de atraccións que non teñan asentos incorporados, a súa capacidade máxima será do 30 da capacidade máxima da atracción.

·         Cada atracción deberá aplicar as medidas de limpeza e desinfección adecuadas ao tipo de actividade, á frecuencia e ás condicións de uso polas persoas usuarias, prestando especial atención ás superficies de contacto directo. En todo caso, cada atracción someterase a unha limpeza ao remate de cada xornada de uso.

·         Non se permitirán as piscinas de bólas, por mor da dificultade da súa limpeza, podendo dedicarse o espazo correspondente a outra actividade lúdica para o público infantil. Respecto das atraccións inchables, estarán permitidas ata un 30 % da súa capacidade.

-- 

Normativa

Consellería de Sanidade

ORDE do 21 de maio de 2021 pola que se prorroga a eficacia e se modifica a Orde do 7 de maio de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia tendo en conta a finalización da prórroga do estado de alarma establecida polo Real decreto 956/2020, do 3 de novembro, e se modifica a Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210521/2651/AnuncioC3K1-210521-18_gl.html

  • Cambios_220521