APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Ape galicia celebra a webin...

210521_webinar_axudas_xunta

APE GALICIA CELEBRA A WEBINAR "LIÑAS DE AXUDAS DIRIXIDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS E PEMES” COA COLABORACIÓN DA CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

Este venres 22 de maio levouse a cabo coa colaboración da Consellería de Emprego e Igualdade, a webinar “Liñas de axudas dirixidas a persoas traballodoras autónomas e pemes” dentro da iniciativa “Os Venres de Webinar” organizada por APE Galicia que ten por obxectivo manter informados sobre temas de interese ás 70.000 persoas traballadoras autónomas vinculadas a través das máis de 150 entidades asociadas.

Nesta xornada contouse coa intervención da directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca Carús, e o subdirector xeral de Emprego, Juan Lirón, quenes informaron sobre as actuación da Xunta de Galicia dirixidas aos autónomos e autónomas e pemes, pilar fundamental para a recuperación do tecido empresarial galego

A sesión iniciouse as 12 da mañá coa presentación do acto por parte do presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, quen agradeceu o compromiso e a colaboración da Xunta de Galicia coas persoas traballadoras autónomas, e a todo o persoal técnico que fixo posible a sesión, dirixida e coordinada pola secretaria xeral da asociación, Sonia Acuña.

Tras a súa presentación por parte de Sonia Acuña, a directora xeral de Emprego quixo poñer en valor a iniciativa de APE Galicia para poder consolidar o plantexamento do Goberno galego de acompañar ao sector, que xunto ás microempresas supoñen o 97% do tecido empresarial, imprescindible para a revitalización da economía, nesta crise que esta atravesar polas restricións sanitarias xurdidas pola pandemia.

Covadonga Toca encargouse de analizar as medidas que o Goberno galego desenvolveu para manter o emprego e actividade económica pola crise xurdida da pandemia, englobadas nos tres Plans de Rescate elaborados ata o momento. O primeiro deles repartiu más de 86 millónes en axudas directas, o segundo está en proceso de execución, co 89% dos pagos realizados e actualmente se está a traballar no terceiro.

Sobre este último plan, a directora xeral de emprego adiantou que, conforme cos fondos distribuídos polo Estado atendendo o Real Decreto-lei 5/2021, de 12 de marzo, de medidas extraordinarias de apoio a solvencia empresarial en resposta a pandemia da COVID-19, están previstas tres liñas de actuacións:

 

·         Líña I de apoio ás persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva.

·         Líña II Persoas traballadoras autónomas, empresas de 10 persoas traballadoras ou menos, empresas ata 25 persoas traballadoras cun volumen de facturación de ata 2 mill de €

·         Líña III Persoas traballadoras autónomas, con máis de 10 persoas traballadoras e cun volumen de facturación de máis de 2 mill de €, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras

As axudas directas as persoas traballadoras e empresas deberán ir dirixidas a satisfacer pagos a provedores e acredores, financeiros o non financeiros, así como os custos fixos incorridos entre o 1 de marzo de 2020 e o 31 de maio de 2021 e procedan de contratos ou obrigas anteriores a entrada en vigor do Real Decreto-lei 5/2021, de 12 de marzo, de medidas extraordinarias de apoio a solvencia empresarial en resposta a pandemia da COVID-19, e en todo caso antes do 13 de marzo do presente ano.

As axudas deberán aboar pagos a provedores, outros acredores, custos fixos da empresa por orde de antigüidade e si procede, reducir o nominal da débeda bancaria, primando a redución do nominal da débeda con aval público. Non inclúen as débedas coa Axencia Tributaria e Seguridade Social, nin coas Administracións, polo ser uns dos requisitos do Real Decreto o estar o día.

O importe destas axudas dependerá da caída de facturación e irase incrementando dependendo do número de persoas traballadoras.

Pola súa parte, o sudirector xeral de Emprego, Juan Lirón, centrouse en todas esas medidas previstas para o crecimiento da economía galega, nas que se manteñen todas as liñas existentes ata o momento pero con cambios para facelas máis sinxelas e áxiles.

Tendo en conta que o apoio ao sector é primordial para a Xunta de Galicia, as liñas principais consistirían en:

·         A promoción do emprego autónomo

·         O Programa Bono Autónomo

·         O Programa Bono Renova

·         O Programa Bono Nova Oportunidade

·         Axudas para a contratación

·         Axudas para a conciliación por maternidadea ou paternidade

·         Programa axudas a Pemes

Unha vez concretadas tanto estas axudas como o III Plan de Rescate, APE Galicia ten previsto organizar novos encontros informativos para dar a coñecer os detalles das mesmas.

  • 210521_webinar_axudas_xunta