APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » O goberno central traballa ...

110521_cotizacioningresosreais

O GOBERNO CENTRAL TRABALLA NO NOVO SISTEMA DE COTIZACIÓN POR INGRESOS REAIS PARA AS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, anunciou que en breve aprobará un paquete de reformas no que estaría o novo sistema de cotización por ingresos reais para as persoas traballadoras autónomas, que se implantará de forma gradual a partir do 1 de xaneiro de 2022 e non tería efectos económicos ata 2023.

Según a derradeira proposta enviada polo Goberno aos axentes sociais, a adaptación total da reforma levaría nove anos con revisións periódicas cada tres anos, na que se establecería unha cotización intermedia por tramos, aumentando progresivamente para quenes gañen máis, para finalmente quedaría unha cota entre os 90 euro e os 1.220 euros ao mes.  

Deste xeito, as persoas traballadoras autónomas poderán acollerse a calquera dos seguintes 13 tramos de cotización según os ingresos dos que conten no primeiro ano de cotización, 2023:

·         Ata 3.000 euros, cota de 200 euros ao mes

·         Entre 3.000 e 6.000 euros, ctoa de  215 euros ao mes

·         Entre 6.000 e 9.000 euros, cota de 230 euros ao mes

·         Entre os 9.000 e 12.600 euros, cota de 245 euros ao mes

·         Entre 12.600 e 17.000, cota de 260 euros ao mes

·         Entre 17.000 e 22.000 euros, cota de 275 euros ao mes

·         Entre 22.000 e 27.000 euros, cota de 290 euros ao mes

·         Entre 27.000 e 32.000 euros, cota de 305 euros ao mes

·         Entre 32.000 e 37.000 euros, cota de 320 euros ao mes

·         Entre 37.000 e 42.000 euros, cota de 340 euros ao mes

·         Entre 42.000 e 47.000 euros, cota de 360 euros ao mes

·         Entre 47.000 e 48.841 euros, cota de 380 euros ao mes

·         Máis de 48.841 euros, cota de 400 euros ao mes

 

A partir do 2031, unha vez rematado o período de despregamento da reforma, as cotas cos axustes vinculados á inflación, quedarían da seguinte forma:

•             Ata 3.000 euros, cota de 90 euros ao mes

•             Entre 3.000 e 6.000 euros, cota de 120 euros ao mes

•             Entre 6.000 e 9.000 euros, cota de 185 euros ao mes

•             Entre os 9.000 e 12.600 euros, cota de 235 euros ao mes

•             Entre 12.600 e 17.000, cota de 275 euros ao mes

•             Entre 17.000 e 22.000 euros, cota de 305 euros ao mes

•             Entre 22.000 e 27.000 euros, cota de 425 euros ao mes

•             Entre 27.000 e 32.000 euros, cota de 545 euros ao mes

•             Entre 32.000 e 37.000 euros, cota de 670 euros ao mes

•             Entre 37.000 e 42.000 euros, cota de 800 euros ao mes

•             Entre 42.000 e 47.000 euros, cota de 935 euros ao mes

•             Entre 47.000 e 48.841 euros, cota de 1.075 euros ao mes

•             Máis de 48.841 euros, cota de 1.220 euros ao mes

 

Poderase modificar a elección seis veces ao longo do ano, e unha vez feita a regulación anual, os autónomos e as autónomas terán que ingresar a diferencia se cotizaron de menos e terán a opción de solicitar a devolución se cotizase de máis.  

  • 110521_cotizacioningresosreais