APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Os clientes xa poden descar...

Bonocomercioclientes

OS CLIENTES XA PODEN DESCARGAR OS BONOS ACTIVA COMERCIO

A partir de hoxe, luns 3 maio, xa están dispoñibles os Bonos Activa Comercio para que os clientes interesados poidan descargalos da páxina web www.bonosactivacomercio.gal

O programa Bonos Activa Comercio, que estará vixente ata o 31 de decembro de 2021, ten como obxectivo incentivar a demanda comercial axudando economicamente as persoas consumidoras e fomentar o consumo nos establecementos comerciais retallistas adheridos á campaña, intentando reducir o impacto económico derivado do cesamento e das restricións da actividade de determinados establecementos comerciais como consecuencia da situación ocasionada pola COVID-19.

O sistema funciona a través dunha aplicación móbil e o importe de cada bono irase consumindo en función do valor da compra: as compras iguais ou superiores a 30 euros terán un desconto de 5 euros, mentres que ás compras iguais ou superiores a 50 euros correspóndelles un desconto de 10 euros.

Cada cliente disporá como máximo dun bono desconto por un importe de 30€ que poderá descontar en función do crédito dispoñible nos distintos establecementos comerciales que aínda poden adherirse ata o 15 de maio, e que estarán identificados co distintivo da campaña.

  • Bonocomercioclientes